Noticias de Hoy
Entreterras-Sondeseu
Localidad: Narón
Fecha: 02/06/2024
Horario: 20:30 a 20:30

Concierto 'Entreterras' en Narón

Un meridiano invisible tece un fío sonoro que a través das músicas de raíz, une xeograficamente a Galicia, Portugal e Canarias. Así nace Entreterras, o novo proxecto de SonDeSeu, no que a Orquestra Folk de Galicia se acompañará de artistas comprometidos coa innovación e o respecto ás músicas tradicionais dos seus territorios. A galega SÉS, o portugués Daniel Pereira e o canario Hirari Afonso compartirán escenario co medio cento de intérpretes de SonDeSeu nesta nova proposta musical, que conta co apoio da Xunta de Galicia, e que o público poderá descubrir tanto o 24 de maio no Teatro Afundación de Vigo coma o 2 de xuño no Pazo da Cultura de Narón.