Concierto de Iria Estévez (Clave de Fado) este sábado, 15 de setembro, ás 22:00 horas en Super 8 de Vigo. Venta de entradas anticipada a 5 euros e 8 en taquilla.
IRIA ESTÉVEZ, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como CLAVE DE FADO ou ARIFI e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: ATLÁNTICA.
O fado, o son, a cantiga galega, músicas de Cabo Verde a Arxentina, que reflexan o eterno navegar; ás veces sereo e suave e outras, enérxico e intenso.
Con esta nova proposta Iria Estévez nos transporta a terras próximas e lonxanas, a través das músicas que navegan no noso mar.