San Froilán 2016 de Lugo

Fecha 4-10-2016 a 12-10-2016
Lugar
23 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 21 Pin It Share 2 LinkedIn 0 23 Flares ×

San-Froilan-16

Las fiestas serán del 4 al 12 de octubre de 2016 en Lugo.

Conciertos, humor, teatro, baile son siempre las actuaciones previstas para la programación de las fiestas de San Froilán. Este año, aunque el programa está todavía sin terminar, ya contamos con varias confirmaciones por parte del Ayuntamiento, que es el encargado de organizar los festejos año a año.

Os dejamos el programa completo EN GALLEGO para las fiestas del 2016. ¡¡FELICES FIESTAS A TODOS!!

Programa completo de las fiestas San Froilán 2016.

4 de outubro de 2016
17.00 h. XI Sanfroidance na praza da Soidade.
19.00 h. Pasarrúas de Raíces do Campo por Augas Férreas.
20.30 h. Pregón a cargo do xornalista Paco Nieto, na casa do Concello.
20.30 h. Pasarrúas de Reviravolta pola Milagrosa.
20.30 h. Pasarrúas da charanga Paradela pola praza Maior, zona dos viños e casco histórico.
20.45 h. Os Pelúdez entre nós, no pregón.
21.15 h. Espectáculo pirotécnico a cargo da pirotécnia Pibierzo na casa do Concello.
21.30 h. Concerto de Roi Casal “Son galego, Son cubano” na praza Horta do Seminario.
21.30 h. Sesión disco coa Duendeneta na praza do Campo Castelo.
22.30 h. Concerto de The Ladies na praza de Santa María.
23.00 h. Verbena coa orquestra Breixa Band na praza de Bretaña.
00.00 h. Actuación de DJ Vallejo & DJ Fernando Mesa e DJ Frisco & Marcos Peón na praza de Santa María.

5 de outubro de 2016
11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h.
12.00 h. Ofrenda da Corporación a San Froilán, na Catedral de Lugo acompañados pola asociación cultural Airiños de Orbazai e a Banda Municipal de Lugo.
12.45 h. Concerto de Lucus Ensemble e a Banda Filharmónica de Lugo na praza de Santa María.
13.00 h. Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo.
13.00 h. Sesión vermú de Rockatansky Brothers e Lastway na praza do Campo Castelo.
13.00 h. Os Pelúdez entre nós pola praza Maior e o recinto feiral.
13.00 h. Pasarrúas de Devandoira de polo recinto histórico.
19.00 h. Pasarrúas de Son de Lugh por Albeiros.
19.30 h. Actuación de Devandoira Infantil, con cabezudos, na praza Maior.
20.30 h. Concerto de Fuel Fandango na praza Horta do Seminario. Teloneiro Sigilu (ás 19.00 h.)
20.30 h. Actuación da charanga Amigos de Manolo pola zona dos viños, praza da Soidade e Raíña e distintas zonas do centro.
21.00 h. Pasarrúas da charanga Jalácticos polo barrio de Recatelo e paseo Vila de Foz.
21.30 h. Concerto de Grupos de Rock/Folk-Pop/Pop, na praza de Santa María. Caxade, Familia Caamagno, Arrhythmia e Conducto Coloquio.
22.00 h. Verbena coa orquestra La Fórmula na praza de Bretaña.
23.00 h. Fogos artificiais, coa pirotecnia Pibierzo na rúa poeta Noriega Varela.
23.30 h. Sesión disco coa Duendeneta na praza da Soidade.

6 de outubro de 2016
12.00 h. Entrega de premios do Concurso de tapas no Salón de Plenos do Concello de Lugo.
18.00 h. Letra das festas (2016) “Anécdotas e sucedidos do San Froilán” Revista Oral no Círculo das Artes. Organizada pola Sección de Literatura de tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
19.00 h. Pasarrúas de Nubeiro Lugo pola Piringalla, Garabolos e praza Viana do Castelo.
20.00 h. Presentación do nº 13 da Colección San Froilán dos Devanceiros no Salón de Sesións do Concello.
20.00 h. III Concurso de polbeiras e polbeiros do San Froilán no Mercado Municipal.
20.00 h. Orquestra Principal na praza da Milagrosa.
21.00 h. Actuación da charanga Maloserá pola zona dos viños.
21.00 h. Concerto de A Quenlla na praza de Santa María. Homenaxe a Manuel María.
21.30 h. Actuación dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza do Campo Castelo.
22.30 h. Foliada do Colectivo A.L.A.S. na praza da Soidade.
23.00 h. Concerto de Gin Toni’s na praza de Santa María.

7 de outubro de 2016
12.00 h.
Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na rúa Bispo Aguirre.
17.00 – 20.00 h.
Exhibición de fiandeiras, cantareiras e gaiteiros, a cargo da asociación cultural Bolboreta Fiandeira na praza Maior.
18.30 h.
Concerto Fábrica de Sons, escola de música na praza de San Marcos.
20.00 h.
Actuación de charanga Arde Yukú polo Barrio da Ponte.
20.30 h.
Gala do Deporte Lucense no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
21.00 h.
Concerto de Loquillo na praza Horta do Seminario. Teloneiro La Penúltima (ás 20.00 h.)
21.00 h.
Os Pelúdez entre nós pola zona dos viños.
21.30 h.
Concerto dos Foolmakers na praza de San Marcos.
22.00 h.
Actuación da charanga Madialeva pola praza Maior, Campo Castelo e zona dos viños.
22.30 h.
Concerto da Orquestra de Jazz de Galicia, acompañada en varios temas polo artista Kepa Junquera na praza de Santa María.
22.30 h.
Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.
23.00 h.
Concerto de The Wireless “Tributo a Bob Marley” na praza San Marcos.
00.00 h.
Verbena coa orquestra Limón na praza Maior.

8 de outubro de 2016
11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h.
11.00 h. O San froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 13.30 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade).
11.30 h. VII desfile de Gando San froilán. Percorrido: tramo peonil da ronda da Muralla, praza da Constitución, Campo Castelo, praza Maior e Bispo Aguirre. Grupo acompañante: “Os Xílgaros de Lugo”.
12.00 h. Actuación de “Hortensio o home orquestra” no Campo Castelo e na praza Maior.
12.30 h. Actuación da charanga Támega na praza Maior e recinto histórico.
12.30 h. Recepción oficial á Corporación do Concello de ferrol no Salón de sesións, na Casa do Concello.
13.00 h. Sesión vermú de ocean’s Garden, Bristol, Zootropa na praza do Campo Castelo.
16.00 h. Concerto das Bandas de Antas de Ulla, Lalín, Ponteareas e ribadeo, na praza de Santa María.
17.00 h. o San froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 21.00 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade).
18.30 h. Pasarrúas bloco de percusión Percusiona polo recinto histórico.
19.00 h. Pasarrúas de Treboada pola zona da Fonte dos Ranchos.
21.00 h. Actuación charanga A Excusa na zona do Campo Castelo, praza Maior e zona dos viños.
21.00 h. Concerto de Abraham Mateo na praza Horta do Seminario.
22.00 h. Concerto de Pepe Vaamonde Grupo, presentando “Nas pedras do lar” na praza de Santa María.
23.00 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños.
23.30 h. Concerto de David Prado na praza de Santa María.
00.30 h. Verbena coa orquestra Anaconda na praza Maior.

9 de outubro de 2016
11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h.
11.00 h. O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 13.30 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade).
11.30 h. XVIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico

  • A Requinta de Xián (Boqueixón, A Coruña)
  • A Volta do Agro (Lugo)
  • Berros do Castro (San Sadurniño, A Coruña)
  • Caivanca (Lugo)
  • De pé feito (Ourense)
  • Fiandola (Moaña, Pontevedra)
  • Folquiada (Lugo)
  • Illa Pancha (Ribadeo, Lugo)
  • Lubicáns (Ourense)
  • Reviravolta (Lugo)
  • Souto Xímaro (Vilanova de Lourenzá, Lugo)
  • TradiSón (Gondomar, Pontevedra)
  • Xaora (Lugo)

11.30 h. Recepción na casa do Concello aos Amigos do Traxe Galego, de Santiago. Paseo e exhibición ata o parque Rosalía de Castro.
12.00 h. Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Lupe Bao Reixa e coa participación do gaiteiro Simón Piñón.
12.00 h. XIV Festival de Cultura Tradicional, organizado pola Asociación Cultural Cantigas e Frores, na praza de Santa María. Participarán os seguintes grupos: Asociación Cultural “Cantigas e Frores” de Lugo, Salleko Dantza Eta Txistu Taldea de Sestao e Ronda Típica da Meadela de Viana do Castelo.
12.30 h. Actuación da charanga Vacapinta pola zona da Avda. Rodríguez Mourelo e recinto feiral.
12.30 h. Pasarrúas de Arrincadeira pola zona de Montirón e Fontiñas.
13.00 h. Sesión vermú de Clave de Luna, Junkhead e Mythical Fail na praza da Soidade.
13.00 h. Sesión vermú de Carta de Ajuste na praza do Campo Castelo.
17.00 h. O San Froilán Tecedeiro, actividade aberta de cestería a cargo da asociación Corazóns Artesáns no parque Rosalía de Castro ata as 21.00 h. (en caso de chuvia trasladarase á carpa da praza da Soidade).
17.30 h. XVIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteiros Galegos, polo recinto histórico.
20.00 h. Pasarrúas de Airiños de Orzabai pola Rúa Nova, praza da Soidade e zona dos viños.
20.00 h. Concerto da Banda Municipal de Lugo con María do Ceo na praza de Santa María.
21.30 h. Concerto de Bebe na praza Horta do Seminario.
23.00 h. Concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre na praza de Santa María.
23.00 h. Verbena coa orquestra Olympus na praza de Bretaña.

10 de outubro de 2016
12.00 h. Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na rúa San Marcos.
18.00 h. Verbena coa orquestra Acordes na praza Maior.
19.00 h. Os Pelúdez entre nós na verbena da praza Maior.
19.00 h. Pasarrúas dos Campeiros de San Xoán pola zona do Castiñeiro.
20.00 h. Pasarrúas da charanga 20.00 h. Concerto “Vivindo o flamenco” Noelia la Negri & Compañía de flamenco, na praza de San Marcos.
21.00 h. Concerto de Mambo Jambo na praza de Santa María.
22.00 h. Pasarrúas do gaiteiro Simón Piñón pola zona dos viños e praza da Soidade.

11 de outubro de 2016
11.30-13.30 h. Maxia no Camiño dende a Porta de San Pedro ata a Porta Miñá.
11.30 h. Paseo polo Camiño Primitivo “De porta a porta” (Desde a porta San Pedro á Porta Miñá).
12.00 h. Recepción as Alcadesas e Alcaldes do Camiño, no salón de sesións da Casa do Concello.
12.00 h. Sesión vermú dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza da Soidade.
12.30 h. Concerto da Banda Municipal de Lugo no quiosco da praza Maior.
13.00 h. Sesión vermú con Adrián Vigo na praza de San Marcos.
18.00-21.00 h. O Baúl do Mago na praza Pío XII.
19.00 h. Pasarrúas de Son de Lugh pola zona do Sagrado Corazón.
19.00 h. Actuación da charanga Maloserá pola zona dos viños.
21.30 h. Concerto de Carlos Núñez na praza Horta do Seminario.
22.30 h. Actuación dos DJS Seven Airwaves Lugo Baila!, na praza da Soidade.
23.00 h. Concerto de Ana Moura na praza de Santa María.
00.00 h. Verbena coa orquestra Costa Dorada na praza Maior.

12 de outubro de 2016
11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña. Ata as 21.00 h.
11.00 h. Inauguración da Volta ao Medievo ao carón da Catedral de Santa María. Feira medieval organizada pola asociación de Antigos alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.
11.30 h. Misa en latín cantada polo Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera na capela de San Froilán da Catedral.
12.00 h. Pasarrúas de Airiños da Freba pola praza dos Mártires de Carral.
13.00 h. Sesión vermú da orquestra Suavecito na praza Maior.
13.00 h. Sesión vermú de Fuzzbombs e Kalte Sonne na praza da Soidade.
18.30 h. Pasarrúas dos Valuros pola praza Maior.
19.00 h. Concerto da Banda Devandoira na praza Horta do Seminario.
20.00 h. Concerto de Brath 1980 – 2016 na praza Horta do Seminario. Estarán acompañados de: Banda de Gaitas Devandoira, Grupo de Corda Lucus, Grupo vocal Codex Box, e o guitarrista do grupo de rock “Imán”, Manuel Rodríguez (ex La Decada Prodigiosa).
21.30 h. Verbena coa orquestra Suavecito na praza Maior.

Programa San Froilán Miudo 2016

Martes 04 de outubro de 2016
Día do canto e da escoita

17.00-19.00 h. Karaoke infantil coa Duendeneta Este karaoke contará cunha pantalla xigante, un precioso micrófono estilo retro e un pequeno escenario no que as nenas e nenos poderán elixir entre un amplísimo arquivo de cancións.
19.00 h. Concerto didáctico “Aprendendo a escoitar” Este espectáculo concíbese como un traxecto musical para ir tomando conciencia da estrutura dunha obra na que cinco músicos interpretarán varias pezas de música clásica, guiados por un narrador.

Mércores 05 de outubro de 2016
Día da música e dos pallasos

11.00-13.00 h. Obradoiro de instrumentos musicais Crearanse pequenos instrumentos musicais con materiais de refugallo: maracas, pao de choiva, pandeireta, castañolas, mini tambores… reutilizando obxectos cotiáns.
13.00 h. Actuación “Unha viaxe polo mundo” de As Maimiñas Neste espectáculo cóntase a viaxe de Mai e Miña por distintos países. As cancións e danzas mestúranse coa roupa e complementos que caracterizan a cada un deles.
17.00-19.00 h. Karaoke infantil coa Duendeneta
19.00 h. Actuación “Popín Palomero” do pallaso Popín Este artista non deixa de facer tolerías intercaladas con trucos de maxia cos que fai aparecer ata … catro pombas. A improvisación e a intervención do público fan que cada espectáculo sexa diferente.

Xoves 06 de outubro de 2016
Día da natureza e da maxia

17.00-20.00 h. “A Música das Árbores” co Bardo Abelardo e o Carballo con Botas
Inicio: recinto histórico
Chegada: patio do Seminario.
Ábrense as portas da Muralla de Lugo á música dos teixos, das sobreiras, dos freixos… O músico Servando Barreiro, o “Bardo Abelardo” e o contacontos Anxo Moure, o “Carballo con Botas” percorren as rúas e prazas cantando e contando contos acompañados dun burro de madeira de bidueiro.
17.00-20.00 h. Ludoteca itinerante “Eira Xandobeleira” Con materiais naturais e de refugallo Componse dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos. Xandobela significa “xogar” en barallete, a lingua dos afiadores, e o xogo é unha actividade esencial para o desenvolvemento das nenas e nenos.
17.00-20.00 h. “O Baúl do Mago” Trátase dunha caravana convertida nun auténtico teatro itinerante en busca de aventuras onde a maxia non só se ve, senón que se sente e se vive. A proximidade e interactuación co mago é unha constante durante o espectáculo.

Venres 7 de outubro de 2016
Día dos bebés e da maxia

17.00-20.00 h. “Mundobebé” de Koremi O taller “Mundobebé” é un espazo de propostas para a imaxinación dos máis pequenos e as súas familias: o cubo da creatividade, xogos de habilidade de madeira, peixeiras para pescar, tendas de campaña, puzzles con pezas de gran tamaño, peluches, túneles, un memorama xigante e grandes lonas de xogos… Neste espazo póñense ao alcance das familias retos para a creatividade creando un ambiente favorecedor coa música e a decoración.
17.00-20.00 h. “O Baúl do Mago”

Sábado 08 de outubro de 2016
Día da reciclaxe e dos monicreques

11.00-13.00 h. Garabato de xogos. Parque de xogos de habilidade feitos con materiais reutilizados. É un conxunto de xoguetes que foron feitos con ferranchos vellos, cunhas tuberías inservibles, uns madeiros e algunhas cordas, todo material reciclado. Son brinquedos variados que entreteñen e reforzan vínculos familiares a ollos vista: nais, pais, avós e avoas conectan cos fillos e netos e enredan xuntos e entusiasmados.
13.00 h. Actuación “Barriga Verde, o Reciclador” de Títeres Cascanueces. Este espectáculo está protagonizado por Barriga. Verde, un home que vai polas feiras contando contos e facendo monicreques. Todo son risos e diversión, quere aprender a reciclar e coidar o planeta, pero no seu percorrido atópase co diaño que quere complicarlle a tarefa.
17.00-19.00 h. Garabato de xogos
13.00 h. Actuación “Xan Perillán, compra queixo, compra pan” de Monicreques de Kukas. É un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía.

Domingo 09 de outubro de 2016
Día da música e o baile tradicional

11.00 – 13.00 h. Ei Carballeira!! Xogos populares e obradoiro de cestos. Contaremos co xogo da rá, cos zancos, diábolos, paracaídas xigante, faranse carreiras de sacos e tirarán co sogatira! E mentres tanto outros participantes aprenderán a elaborar un pequeno cesto.
13.00 h. Actuación de Uxía Lambona e a banda molona. Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolles o seu toque particular, dende a Carolina “rapeada” ata o Jato “rockeiro”… Tamén cantarán moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todas as nenas e nenos presentes sexan partícipes deste “des-concerto” cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa!!!
17.00-19.00 h. Taller de baile tradicional “Xogando a bailar”
19.00 h. “Verbena galega“ de Xabier Ig lesias, escola de bailes tradicionais de Espazo Artístico 10 e Airiños da Freba. Nas dúas primeiras horas realizarase un obradoiro de baile tradicional galego dirixido ao público familiar onde se aprenderán pasos base para poder participar nunha verbena galega: pasodobres, rumbas, mazurcas, valses e, por suposto, muiñeiras e xotas serán os ritmos que acompañen estes pasos.

Luns 10 de outubro de 2016
Día da ciencia e do cinema

17.00-20.00 h. Experimentos científicos: QuimiLab, Polímeros “Un moco viscoso para Yago” Este é un achegamento ao apaixonante mundo dos polímeros para xogar. Apúntaste a sintetizar con Quimi unha divertida tea de araña moi viscosa, elástica e fráxil? Mestura, revolve e sintetiza.
17.00-20.00 h. Cinema na Caixiña de Mistos. Esta actividade relacionada co cinema resulta moi novidosa. Trátase dunha caravana antiga reconvertida nunha pequena sala de cine móbil na que se fan proxeccións de curtametraxes de temática infantil. A maiores inclúe un obradoiro de creación cinematográfica para meniños.

Martes 11 de outubro de 2016
Día do baile artístico

17.00-19.00 h. Taller de baile de Ritmo Lugo
19.00 h. Exhibición de Ritmolugo Cos campións do mundo de baile artístico e merengue e 3º de rOC K AN D ROLL , Jandro Pallares e Magali Piedra

Mércores 12 de outubro de 2016
Día do jazz e da primeira infancia

11.00-13.00 h. Obradoiro de percusión con refugallo de Gallaecia Eventos
13.00 h. Concerto didáctico de jazz “Gallaecia Gallaeciños” É un proxecto músico-teatral e educativo no que se pretende ensinar en sesenta minutos, dun xeito divertido e entretido, a historia do jazz, narrando cómo naceu cada un dos seus estilos: gospel, blues, ragtime, dixieland, swing, bebop, cool jazz, funky, soul…
17.00 – 20.00 h. “O Paxaro Carpinteiro” Espazo de experimentación e xogo libre (0-4 anos). O paxaro carpinteiro está integrado por un espazo de xogo con materiais naturais que conta con varias áreas de xogo: estruturas de psicomotricidade, xogo sensorial, construción, areal de cereais e espazo de relax e calma. É un espazo pioneiro no seu ámbito e consta de material de calidade, educativo e de liñas pedagóxicas de renome. Estimula valores coma compartir, respectar e axudar entre risas e emocións.
19.00 h. “O son que me arrola” Para nenas/os (-5 anos) da Asoc. Socioeducativa Antonio Gandoy. Nesta proposta ofrécese a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas… e outros construídos a partir de materiais de refugallo.

Publicidad

23 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 21 Pin It Share 2 LinkedIn 0 23 Flares ×