Feito a Man

Fecha 11-08-2021 a 19-08-2021
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

A xa clásica cita estival coa música ao vivo en Compostela, o Feito a Man, regresa esta edición ás prazas e terrazas dos locais da zona vella de Santiago.

Logo do traslado puntual do festival a Bonaval a edición pasada, este 2021 o Feito a Man volve á súa ubicación habitual, as prazas e terrazas dos locais da AC Cidade Vella de Compostela, para encher de música ao vivo emprazamentos históricos da cidade desde o mércores 11 ao xoves 19 de agosto.

PROGRAMACIÓN

Deste xeito, a Asociación Cidade Vella segue a apostar por unha iniciativa que este 2021 cumpre 17 anos. Os concertos comezarán entre as 20.30h e as 22h e haberá unha ou dúas actuacións por noite. Estrearán o festival Maurício Caruso Trío e o seu jazz brasileiro o mércores 11 ás 21.30h. O xoves será a quenda de pospunk acústico de Barbitúricos (20h) e o neofolk da banda Trilitrate (22h). Venres 13 e sábado 14 haberá dúas actuacións consecutivas a partir das 21h e 20.30h, respectivamente, comezando coa performance de 3 mulleres teatro os dous días, xunto á psicodelia de LOIROS o venres e KUM0 o sábado.

A semana do 16 arrancará cos concertos da banda de rock alternativo Battosai (20h) e a agrupación compostelá Brúa e amigos (22h) o luns e continuará o martes 17 co blues de Martins Aneiros Band (20h) e Zeltia e Irevire (22h). O mércores 18 será a quenda do jazz de Xan Campos Trío e o seu novo disco Realismo, moldeado polo produtor e rapeiro Hevi (20h) e o directo libre e impredicible de Filo (22h). O punto e final a esta edición, o xoves 19 de agosto, poranllo o rock de Biribirlocke mailo funk e o blus de Coolflanders (22h).

ENTRADAS

As localidades para poder gozar das actuacións estarán á venda no local correspondente a cada concerto (Camalea, Modus Vivendi, Atlántico, Chocolate, O Pozo, Casa das Crechas, Literarios, A Gramola, Kapital, Borriquita de Belém, Paraíso, A Xuntanza, A Reixa, Embora e Momo A Rúa). Todas terán un prezo de 3€ e darán acceso a unha mesa en terraza cun máximo de 6 persoas, tendo en conta as restriccións vixentes contra a Covid-19 neste momento e a expensas do que as autoridades establezan de aquí ao inicio do festival.

Toda a información relacionada coas distintas actuacións, espazos, horarios, entradas ou modificacións que puideran producirse estará dispoñible na web festivalfeitoaman.gal e redes sociais do Feito a Man. 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×