Noticias de Hoy
As Troianas
Fecha: 05/12/2013 a 08/12/2013

XII Festival de Teatro Amador Agustín Magán 2014

XII Festival de Teatro Amador Agustín Magán

Celébrase do 5 ao 8 de decembro no Teatro Principal e no Salón Teatro

As entradas, xa á venta, teñen un prezo de 4 euros por función e pode mercarse un abono para catro funcións por 12 euros.

O festival celebrarase os días 5, 6, 7 e 8 de decembro, como diciamos no Teatro Principal e no Salón Teatro. Da numerosa participación finalmente seleccionáronse seis obras que o xurado considerou como as mellores montaxes do 2013 e que serán as que se poderán ver neste festival. Segundo o xurado este ano a selección non foi doada debido á grande calidade dos grupos que se presentaron nesta edición na que se perfilan diferentes propostas: comedia, drama, farsa, ficción, teatro clásico, etc…

Veremos nesta edición do Magán unha república moi particular, a clonación sistemática dos galegos, unhas irmáns dedicadas ao negocio da sanación e os Miragres, a levedade do tempo, unhas troianas a punto de seren embarcadas un asasinato que haberá que descubrir e moito máis… que demostran que o teatro amador amosa unha grande saúde e creatividade.

Entradas xa á venta
O prezo das entradas será de 4 euros por función podendo mercarse un bono para catro funcións a un prezo de 12 euros. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal aberta de 18.00 a 21.00h de martes a sábado e que os días do festival abrirá desde as 17.00 ata as 21.00h.

Programa completo:

SANTA PERPETUA
NNC Teatro
Beatríz Méndez, Carla Capeáns e Roi García dirección
Carla Capeáns, Beatriz Méndez, Roi García, Paula Díaz
Salón Teatro - Xoves 5 decembro de 2013 - 21.00 horas

AS TROIANAS
Carfax Teatro
Paco Alvarellos e José León dirección
Anabel Vergara, Angela Granero, Mara Leira, José León, Paco Alvarellos
Kenia Maduro, Pilar Roca, Carmen Gallego, Ana Vázquez, Ana Espejo
Begoña Valdés, Raquel Gromaz, Eugenia Vieites, Julia Miguel, Carmen Barba
Teatro Principal - Venres 6 decembro de 2013 - 19.00 horas

REPÚBLICA DE GUNDIÁN
Andaravía Teatro
Carlos Santiago e Pepe Penabade dirección
Fina Guitián, Dane García, Antonio Vázquez, Silvia Aldrei
Mayte Vázquez, Inés Bouzón, Hixinio Rodeiro, Rosa Álvarez
Salón Teatro - Venres 6 decembro de 2013 - 21.00 horas

CONSUELO
O Trasno Novo Teatro
Xaime Costas e Sefi Romero dirección
Xaime Costas, Ana Rodríguez, Lucía Carballás, Mª José González
Teatro Principal - Sábado 7 decembro de 2013 - 19.00 horas

RADIO UNIVERSO
Nostrum Cai
Lola Fernández dirección
Mar Freire, María Grandío, Raquel López, Esther Pedrouzo, Laura García, Lola Fernández
Salón Teatro - Sábado 7 decembro de 2013 - 21.00 horas

A RATOEIRA
O Aturuxo de Melpómene
Mónica Camaño dirección
Chus Olivares, Juan González, Óscar Manso, Gena Hernández
José M. Felpeto, Yoli Lozano, María Veiga, Óscar Rodríguez
Teatro Principal -  Domingo 8 decembro de 2013 - 19.00 horas