Noticias de Hoy
Jose Ferrero
Fecha: 19/12/2013
Horario: 20:30

Wagner & Verdi Centenarios

Inaugúrase Todo Lírica o xoves 19 de decembro co tenor albaceteño José Ferrero acompañado ao piano polo bilbaino Rubén Fernández Aguirre que ofrecen un programa con cancións de Wagner, Verdi e Puccini que baixo o título ‘Wagner & Verdi centenarios’ lembra a estas dúas grandes figuras da historia da música cando está a punto de rematar o ano dos seus centenarios.

José Ferrero - Tenor

Nace en Albacete. Realiza os seus estudos de canto en Valencia con Ana Luisa Chova. Actuou como solista con Antoni Ros Marbà, Klaus Arp, Yuri Ahronovich, Victor Pablo Pérez, Josep Pons, Enrique García Asensio, Phillippe Entremont, Alberto Zedda, Rafael Frübeck de Burgos, Lorenzo Ramos, Günther Herbig, Pedro Halffter, José Luis Estellés, Miguel Roa, Yaron Traub, Sebastian Weigle, Manuel Hernández Silva, Tomas Netopil, Lawrence Foster, Günther Neuhold, Michel Plasson. Actuou nos máis prestixiosos teatros e festivais: Semana de Música Relixiosa de Cuenca, Teatro La Fenice de Venecia, San Carlos de Lisboa, teatros da Zarzuela e Real de Madrid, Liceo de Barcelona, Palau de la Música de Valencia e Les Arts de Valencia, Festival Mozart da Coruña, Quincena Musical Donostiarra, Teatro Mogador de París, Auditorio RAI de Turín, Festival de Granada, Teatro Regio de Turín, Euskalduna de Bilbao, Le Corum de Montpellier, Staatsoper de Berlín. E ten actuado coas orquestras de París, RAI de Turín, Lyon, RTVE, Valencia, Ciutat de Barcelona; sinfónicas de Madrid, Bilbao, Euskadi, e Galicia, Camerata de La Mancha, Taimagranada, Santa Cecilia de Roma, Orchestra National de Montpellier. Interesado pola música antiga e barroca funda en 2002 o ensemble Capela Antiga de Chinchilla coa que gravou para Naxos tres discos. Realiza concertos de música antiga con Pere Ros, Juan Carlos Rivera, Juan Luis Martínez.

Rubén Fernández Aguirre - Piano

Nace en Barakaldo (Biscaia). Especialízase en acompañamento de cantantes en Viena con D. Lutz e Múnic con D. Sulzen. Recibe ademais os consellos de F. Lavilla, W. Rieger e M. Zanetti. Pianista habitual de Carlos Álvarez, Ainhoa Arteta, María Bayo, Gabriel Bermúdez, Mariola Cantarero, Elena de la Merced, José Ferrero, Nancy Fabiola Herrera, Ismael Jordi etc., tamén colabora con Mariella Devia, Celso Albelo, Leontina Vaduva, Cristina Gallardo-Domâs, Eglise Gutiérrez, Christopher Robertson, Isabel Rey, Simón Orfila, María José Montiel e Ofelia Sala entre outros. Actúa na maioría de teatros e festivais españois, así como en importantes escenarios internacionais, Musikverein de Viena, Teatro de La Monnaie de Bruxelas, Festival Rossini de Pesaro, Carnegie Hall e Avery Fisher Hall de Nova York, Auditorio Nacional do Sodre de Montevideo e salas de concerto de París, Lyon, Bremen, Detmold, Graz, Budapest, Damasco, Alxer, México D. F... No ano 2010 recibe o premio Ópera Actual "pola súa dedicación á lírica e o crecente prestixio que está a lograr neste campo".

Vía: www.compostelacapitalcultural.com