Comeza a conta atrás para a V edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia que se celebrará entre os días 10 e 12 de setembro en diferentes localizacións da cidade de Santiago de Compostela. Baixo a etiqueta Lite Edition, o festival presenta unha edición en formato reducido, pero sen perder a súa maxia e esencia, incluíndo sorpresas como a do seu primeiro escenario nunha cortorna natural.
A principal bandeira do festival é a de ser un encontro para as músicas e artes de vangarda en todas as súas vertentes. Nesta Lite Edition, a programación musical presenta un amplo abano de proxectos ambient e minimalistas; proxectos ideais para a escoita e a experiencia nun formato máis íntimo e sentado.
A listaxe de conciertos especiais e estreas xa anunciados como o das estadounidenses Eartheater, quen presentará no marco do festival e por primeira vez en Europa os seus dous últimos álbumes publicados, ou Elori Saxl que tamén presentará en España o seu aclamado primeiro disco The Blue of Distance. Tamén a presentación no noso país do concerto audiovisual Aralkum da artista de Kazajistán Galya Bisengalieva, no Teatro Principal, e Blink a Few Times To Clear Your Eyes da neerlandesa-italiana afincada en Berlín Grand River, cuxa proposta se poderá ver no marco incomparable da Igrexa da Universidade, lugar onde tamén se poderá presenciar o concerto que dará o músico e produtor kenyano KMRU. Xunto co concerto que o francés Jonathan Fitoussi ofrecerá no Teatro Principal, conforman unha selección con algúns dos novos talentos da creación contemporánea.
A programación musical troncal contará tamén coa presenza de artistas veteráns como o agardado concerto do pianista ucraíno Lubomyr Melnyk, quen aos seus 72 años regresa por fin a España para participar no festival, e o experimentado dúo de sintetizadores modulares Driftmachine, última incorporación ao programa e quen darán un concierto no Túnel da Cidade da Cultura.