Noticias de Hoy
Ute Lemper
Fecha: 14/02/2014
Horario: 21:00

Ute Lemper

Vanguardista e ecléctica, Ute Lemper naceu en Münster en 1963. Estudou piano, canto e ballet na Academia de Danza de Colonia, ademais de teatro clásico no prestixioso Seminario Max Reinhardt de Viena.

Comezou a cantar moi nova en bares de jazz e como integrante do grupo punk The Panama Drive Band. En 1983 participou na producción vienesa do afamado musical Cats e dous anos despois protagonizou a comedia musical Peter Pan en Berlín. Foi o papel de Sally Bowles na producción francesa de Cabaret a que lle valeu o premio Molière á mellor actriz.

O éxito chegou acompañado tamén de críticas no seu país natal pola súa interpretación na obra O Anxo Azul. Foi entón cando Ute Lemper se traslada a vivir a Nova York e protagoniza varias composicións de ballet orixinais. En 1990, trala caída do Muro, participa con Roger Waters en The Wall Live in Berlin.

A partir de entón, a artista fixo diversas aparicións en películas, en papeis máis ou menos relevantes. Malia extensa traxectoria como bailarina e actriz, a faceta que lle outorga un maior recoñecemento é a de cantante. Famosa polas súas interpretacións de composicións de Kurt Weill e grandes nomes como Marlene Dietrich, Édith Piaf e Lotte Lenya.

Lemper tamén colaborou con numerosos cantantes e compositores estadounidenses e europeos, entre os que destacan Michael Nyman, Tom Waits, Scott Walker, Elvis Costello, Philip Glass ou Nick Cave.

O seu eclecticismo fai que ademais de danza, teatro e música, Ute Lemper teña realizado varias exposicións de pintura.