La Orquestra Sinfónica del Conservatorio Profesional de Música de Santiago y la Real Filharmonía interpretarán danzas, oberturas y marchas de Elgar, Ketelbey, Rossini, Chaikovski, Offenbach y Copland, bajo la batuta del maestro Diego García Rodríguez.
DIEGO GARCÍA
Os seus próximos compromisos inclúen " La Traviata" no Thèâtre de Caen (Francia), Carmen en Gdansk "Opera Baltycka" (Polonia), o seu debut coa Orquestra Sinfónica de Galicia e os concertos co Taller Atlántico Contemporáneo (T.A.C.), ensemble do que é director artístico e musical.
No 2011 é o director musical da producción do Centro Dramático Galego "A Ópera dos tres Reás", da orquestra "Xovigo" e dos proxectos do Taller Atlántico Contemporáneo Os Seráns do T.A.C., Perspectivas de Ensemble e Land of Opportunity, co grupo "Siniestro Total" encadrado no festival "Via Stellae 2011".
Durante a temporada 2010-2011 do Teatro Real de Madrid, foi director asistente de Josep Pons na producción "The turn of the screw" de B. Britten e de Paul Daniel na producción "Król Roger" de K. Szymanowsky .
O "London Sinfonietta" selecciónao para participar no seu primeiro programa de xóvenes directores na "London Sinfonietta Academy 2010" tendo o privilexio de dirixir aos solistas de esta formación.
En Inglaterra, traballou con Diego Masson nas edicións 2009 e 2010 da Dartington International Summer School, dirixindo no Dartington Great Hall “Madama Butterfly” de Puccini e “Le nozze di Figaro" de Mozart. O "The two Moors Festival 2009" invítao a realizar a estrea mundial da obra de Torsten Rasch "Die Träumenden Knaben" colaborando con Anssi Karttunen e Andreas Haefliger.
Pianista de formación forma o proxecto "Galicia XXI" xunto co frautista Luis Soto.
Naceu en Escarabote (A Coruña)