Taller Atlántico Contemporáneo en Santiago de Compostela. The Rothko Chapel.
Viernes 28 de octubre de 2016 a las 20:30 horas. Igrexa de San Domingos de Bonaval
Sábado 29 de octubre de 2016 a las 20:30 horas. Auditorio de Galicia
Domingo 30 octubre de 2016 a las 12:00 horas. Auditorio de Galicia
O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) recibe o Premio da Crítica Galega polo seu proxecto Os Seráns do TAC en 2013, ano en que lle outorgan o premio na categoría de Música clásica e contemporánea nos Primeiros Premios Galegos da Música. Iniciou a súa andaina en marzo de 2010 na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas. Quixo reivindicar desde un principio a proximidade que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público e a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpretar integramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrompidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC un ciclo de seis concertos dedicados á música de compositores galegos escritos para diversas formacións do ensemble, en 2011 continúa cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequena mostra do repertorio que se xo fóra das nosas fronteiras desde mediados do século XX até a actualidade con obras de Crumb, Schnittke e Berio. En xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae con Siniestro Total nun concerto (Land of opportunity) conxunto onde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os Seráns do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.
Diego García Rodríguez, director. Os seus compromisos como director invitado comprenden orquestras españolas e internacionais, como a Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquesta Filarmónica de Málaga, Orchestre des Pays de Savoy (Francia), Akademicka Orkiestra Bydgoszcz (Polonia) ou a Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. No terreo operístico destacan a dirección musi- cal de Carmen de G. Bizet en Opéraa Baltycka (Gdansk, Polonia), a estrea mundial de It makes non Difference..., ópera de cámara do compositor Simone Spagnolo no festival Tête à Tête dos Riverside Studios de Londres, ou a produción do Centro Dramático Galego A Ópera dos tres reais, con dirección escénica de Quico Cadaval e protagonizada por Luís Tosar. Durante a tempada 2010/11 do Teatro Real de Madrid, foi director asistente de Joseph Pons na produción The Turn of the Screw de B. Britten e de Paul Daniel na produción Król Roger de K. Szymanowsky. Tamén colaborou co director francés Nicolas Chalvin nas producións A Traviata de G. Verdi no Thêàtre de Caen (Francia) Le Nez de D. Shostakóvich na Opéra Nantes-Angers (Francia) e Carmen de G. Bizet na Opéra de Lausanne (Suíza). Diego é director artístico e musical do Taller Atlántico Contemporáneo, ensemble co que desenvolve unha intensa actividade na difusión da música contemporánea e a súa interrelación con outras disciplinas artísticas a través de ciclos como Os Seráns do TAC, estreas de obras de compositores actuais ou o proxecto Land of Opportunity co grupo Siniestro Total e o compositor Javier López de Guereña. En Inglaterra, a London Sinfonietta selecciónao para participar no seu primeiro Programa de novos directores na London Sinfonietta Academy 2010. Traballou con Diego Masson nas edicións 2009 e 2010 da Dartington International Summer School, dirixindo Madame Buter y de Puccini e Le nozze di Figaro de Mozart. O The Two Moros Festival 2009 convídao a realizar a estrea mundial da obra de Torsten Rasch Die träumenden Knaben.