Noticias de Hoy
saibran
Fecha: 20/12/2025
Horario: 20:00

Saibran presenta su álbum en Santiago

El sábado 20 de diciembre de 2025, Saibran presentará en Santiago de Compostela su álbum debut, Atardecer harmonioso con gotas de primavera, con un concierto en directo en el marco del Mercado da Estrela, en una actuación nocturna que reunirá sobre el escenario a Cibrán García (Boyanka Kostova), Julián Goicoa e Fiz García (Mundo Prestigio). Será la primeira ocasión na que a formación defenda este traballo en vivo, nun contexto festivo e urbano no corazón da cidade.

Neste directo na Pista Cuberta do Centro Don Bosco, Saibran dará vida ás cancións dun álbum concebido como a primeira parte dunha triloxía que transita desde o solpor até o amencer, recollendo as vivencias de quen sae a última hora da tarde para ver ás amizades e regresa xa co día clarexando. Este primeiro disco, producido por Mundo Prestigio, achégase ao rap máis clásico, con tempos arredor dos 90/100 BPM, cheo de instrumentación analóxica que tamén soará no concerto: Cibrán como MC, Ju ao baixo e Fiz na batería, nun set dinámico que percorre historias cotiás, momentos de festa e instantes de introspección, mentres se prepara a publicación dos seguintes capítulos máis escuros, urbanos e experimentais da triloxía.

⚙ Configurar cookies