Residencias Paraíso 2018 en Santiago de Compostela
Residencias Paraíso 2018 en Santiago de Compostela.
Neste 2018 celébrase unha nova edición de Residencias Paraíso, proxecto do Colectivo RPM e a AGADIC, que ofrece unha serie de residencias artísticas para desenvolver proxectos de investigación ou creación en distintas cidades galegas.
A Sala Agustín Magán únese como espazo colaborador este ano e terá en residencia algún dos proxectos elixidos desta edición, un total de oito en nove espazos diferentes. O Concello de Santiago pasa así a ser coprodutor do programa.
Encontro anual de todos e todas as artistas seleccionadas desta edición nunha xornada aberta ao público xoves 29 de novembro de 2018.
Actividade de mediación por definir unha vez seleccionado o proxecto residente na sala Agustín Magán.
Data da residencia: 9 - 27 abril 2018