Primavera entre Dobreces: Origami, en Santiago de Compostela.
Primavera de papel con frufrüOrigami.
Vernes 20 maio - 19:00 a 21:30 (2.5 horas)
18 euros. Materiais incluídos.
12 Prazas. Reservas: espazonoventa@gmail.com
DESCRICIÓN:
En “Primavera entre dobreces”, aproveitando o inicio da primavera, faremos dous novos deseños de xarróns, mediante os corrugados. Para ter o conxunto completo dobraremos distintos tipos de flores, follas e insectos desta estación. Contareivos algúns trucos para utilizalos na decoración das vosas casas. O material está incluído no prezo final.
PROGRAMACIÓN:
Xarrón espiral de semicorrugados.
Xarrón zig-zag de corrugados.
Lirio (variante do modelo clásico).
Flor de pétalos ocos.
Flor de loto.
Diferentes modelos de bolboretas.
DESTINATARIOS:
Este obradoiro está destinado a persoas que busquen unha nova afección coa que poder elaborar, ao mesmo tempo, obxectos decorativos feitiños. Non son necesarios coñecementos previos sobre papiroflexia pero realizaremos figuras que complementan as anteriores clases de papiroflexia en Espazo Noventa.
DOCENTE:
Andreia e unha apaixonada do origami. Descubriu a súa afección por casualidade consultando unha antiga enciclopedia, e foi así como comezou frufrüOrigami, blog no que converte as súas figuras decorativas feitas con papiroflexia en protagonistas de relatos breves.