Noticias de Hoy
Meu Ben
Fecha: 16/01/2014
Horario: 11:30

Presentación: Meu Ben

Este xoves, 16 de xaneiro, ás 11h30 terá lugar no Café de Altamira de Santiago de Compostela a presentación de Meu Ben, a última proposta teatral de Eme2.

Contaremos coa participación de:
- Álvaro Lavín, director da obra
- Mercedes Castro, Elina Luaces e Rocío González, actrices protagonistas
- Luciano Fernández, xerente do Padroado de Cultura de Narón

Xuntos, xuntas, debullarán nun almorzo informal coa prensa os detalles da obra, baseada nun exitoso texto teatral de Elainne Murphy que conta a historia dun ano extraordinario na vida de tres xeracións de mulleres de clase media. A peza, que chega por primeira vez ao estado español da man de Eme2, leva preto dunha década cativando ao público arredor do mundo con producións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York.

Aos medios gráficos propómosvos facer antes do almorzo unha visita á Praza de Abastos de Compostela en compañía das protagonistas da obra: Amber, Lorraine e Kay.