Noticias de Hoy
Fecha: 13/06/2016
Horario: 19:00

Presentación Imaxinando Músicas

Froito dunha colaboración de varios anos, o alumnado do IES Cacheiras, a través da iniciativa Aturuxo Films, que coordina Sergio Clavero, creou varias curtametraxes que foron galardoadas con numerosos premios. O alumnado do CMUS Santiago colabora compoñendo, tocando e gravando as bandas sonoras. O luns día 13 proxectaranse varios destes traballos, interpretaranse as bandas sonoras en directo e haberá moitas cousas máis. Entrada libre ata completar aforo.

Web: http://www.conservatoriosantiago.gal/