Noticias de Hoy
cover
Fecha: 11/07/2017
Horario: 13:00

Presentación do libro Las medicinas de la historia española en América

Presentación do libro Las medicinas de la historia española en América

O profesor xubilado da USC Enrique Raviña presenta este martes en San Xerome o seu último libro, Las medicinas de la historia española en América / Medicines of Spanish History from America, que a Universidade compostelá coedita coa Fundación Lilly.
A presentación terá lugar no Salón Reitoral ás 12.00 horas presidida polo reitor Juan Viaño e nela, ademais dou autor, intervirán a coordinadora de proxectos da Fundación Lilly, Yolanda Martín Azañedo, e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

O que foi catedrático de Química Farmacéutica na USC fai reconto no volume, que presenta á vez versión en español e inglés, as medicinas descubertas tras a colonización española do continente americano, que significou unha nova fonte para a farmacoloxía debido a que a gran diversidade de territorios no Novo Mundo ofrecía
novas plantas medicinais e drogas.