Noticias de Hoy
ostrestenedores
Fecha: 20/12/2013
Horario: 19:30

Os Tres Tenedores

OS TRES TENedORES somos un grupo de animación musical, que mestura música, teatro e humor, con fins didácticos, especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo e primeiro dente, que son os rapaces e rapazas de entre catro e quince anos.

Levamos catro anos actuando por toda Galicia cunha bagaxe de máis de sesenta actuacións.

Contamos con espectáculos innovadores de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías... ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas serán tamén os protagonistas principais do espectáculo.

Somos un grupo de docentes e musicólogos con ampla experiencia no eido das artes escénicas e musicais.

Web: www.ostrestenedores.com