Noticias de Hoy
Orinoco en danza
Fecha: 01/12/2013
Horario: 12:30

Orinoco en danza

Os días 1, 15 e 29 de decembro de 2013
Horas: 12:30 e 18:30

Orinoco en danza en Santiago de Compostela

Orinoco en Danza propón unha fusión de linguaxes artísticas, na que a variedade da arte do Orinoco preséntase da man da expresividade da danza. Tres pezas interpretadas por ex bailaríns do Centro Coreográfico Galego sorprenderán ao visitante no seu percorrido guiado polos segredos da gran mostra que alberga o Museo Centro Gaiás.

Programa

1. Yanomami, os fillos da lúa.

Música: O claro de lúa de Beethoven

Descrición: a lúa vivía no corpo dun gran xamán. Cando este faleceu, ela saiu a vagar polo ceo pero regresou á terra para comer as cinzas dos seus ósos. Cando a viron, os familiares do xamán disparáronlle frechas pero estas caían á terra sen facerlle daño. A lúa evadíaas agochándose tras as nubes. Pero ao fin, unha frecha alcanzouna e comezou a derramar sangue que caía sobre a terra. Destas pingas de sangue naceron os yanomami.

2. Coreografía basada no home paxaro

Música de Ennio Morricone (da película La misión).

3. Hiwi, xente da sabana.

Música de percusión.

Descrición: Kúwai, o Creador, fixo o mundo dunha soa vez, pero para crear aos homes tivo que facer varios intentos. Primeiro fíxoos de arxila pero esta desfíxose baixo a choiva. Probou entón con cera pero derretiuse co sol. Fíxoos por fin dunha madeira forte e entón unha rata mítica tallou os xenitais e deulles a posibilidade de procrear. Aos Hiwi déronlles dúas almas- Yethi e Humpe-. A primeira é invisible e deixa o corpo mentres durme para poder aparecer nos sonos dos demais. A outra, logo de morrer, viaxe cara ao hogar de kúwai, onde vive con riqueza e abundancia de comida.

Web: www.cidadedacultura.org