Obradoiro de Resolución de Conflitos co Teatro da Escoita en Santiago de Compostela.
Curso orientado a persoas que queiran descubrir ferramentas creativas, que desexan implicarse en procesos de transformación, que buscan novos linguaxes e formas de comunicar ...
Combinando teoría e práctica ensaiamos un modelo de resolución de conflitos baseado en técnicas do Teatro da Escoita. Buscamos procedementos que nos axuden a entender a dinámica dos conflitos e como afrontalos dende a nonviolencia activa.
Para participar, só tedes que contactar co Centro Xove da Almáciga, indicando o voso interese en participar no programa e os seguintes datos:
Nome e apelidos.
Data de nacemento.
Número de documento de identidade.
Teléfono móbil e correo de contacto.
Indicar se estades empadrados (ou non) en Compostela.
Alternativamente, podedes pasar polo Centro Xove e rexistrar a vosa inscrición de forma presencial. Se tedes interese en participar, non o deixedes ir…