Noticias de Hoy
12523852_509710899200941_9155948761340751122_n
Fecha: 16/04/2016
Horario: 18:00

Obradoiro de música electrónica con materiais cotiáns, en Santiago de Compostela

Impartido por: Mateo Mena
Duración: 3h
Data: Sábado 16 de abril
Horario: de 17h a 19h
N.º de prazas: 20
Custe: 10 €

DESCRICIÓN
Este é un obradoiro musical totalmente práctico onde os asistentes aprenderán a construir dispositivos electrónicos analóxicos aproveitando as propiedades físicas e químicas dos materiais cotiáns.

PROGRAMA
O curso está composto de 15 proxectos diferentes, os cales dan lugar a diferentes dispositivos musicais capaces de orixinar sons electrónicos por sí mesmos, todo sen necesidade de ordenadores. Para isto empregaremos principalmente materiais cotiáns (auga salgada, papel de aluminio, moedas de cobre, imáns…) ou reciclados (botellas de plástico, cables ou altofalantes rescatados de aparellos electrónicos vellos).

Entre os dispositivos que construiremos podemos atopar:

A mais sinxela percusión electrónica
Micrófonos construidos a partir de minas de grafito
Altofalantes planos feitos con papel
Osciladores con circuitos electrónicos
Resistencias e condensadores feitos á man
Transmisores de sonido a través de ondas de luz…

Cada un dos proxectos poderá orixinar unha pequena peza musical, na que por medio de xestos proviamente concertados improvisaremos colectivamente.
Como remate do obradoiro faremos un pequeno concerto/sesión de exploración sonora onde os asistentes terán a opotunidade de desenrolar libremente as ideas expostas durante o curso.

DOCENTE
Mateo Mena é artista sonoro e deseñador de dispositivos musicais electrónicos. A súa última creación, “The Hypercubes”, un instrumento modular formado por cubos interconectables, foi presentada nas ferias “Maker” de Roma, Santiago, Berlín ou Lisboa, onde obtivo o premio ó mellor proxecto na categoría de “electrónica”.

DESTINATARIOS
O curso está destinado a todo aquel interesado en coñecer a música electrónica analóxica dende a súa raíz. Non é necesario coñecemento nin experiencia previa en música ou electrónica.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todo o material necesario para desenrolar os proxectos e construir os dispositivos sonoros.

INSCRIPCIÓNS. oateneo@gmail.com