O Obradoiro de foto creativa quere dar continuidade aos coñecementos que xa tes de fotografía e amplialos. Traballar a mensaxe, as ideas e a creatividade para conseguir imaxes únicas e orixinais, puntos de vista personais e relatos novos da realidade que nos rodea.
Quero que traballemos de forma temática os "retratos", a "fotografía urbana e de viaxes", a de "longa exposición", "paisaxes", "deportiva" e tamén a de "naturalezas mortas"... para aprender a fotografiar esos detalles da vida cotiá e sacarlle o máximo partido ao teu equipo.
Propóñote espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nós, mobilizar a túa creatividade para mellorar as túas fotografías e enchelas de dinamismo e emocions.
Poremos en práctica regras e técnicas específicas de fotografía, plantexándo retos e exercicios entre cada sesión e compartindoo todo o noso traballo nun espazo on-line.
Todo durante 12h, 4 sesións presenciais de 3 horas en grupos reducidos
"Co bo ambiente de todos os meus cursos"
Mellora as túas fotos urbanas, fai retratos íntimos e síntete a gusto co trípode facendo panorámicas ou creando imaxes de longa exposición. Fotografía as tuas manualidades, o que cociñas ou o deporte que practicas...
¡¡ APÚNTATE XA !!
Para inscribirte so tes que enviarme un mail co teu nombre completo e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com
Será no CSC de Pontepedriña (Santiago de Compostela) os días 2-4-16 e 18 de decembro de 2015 de 17 a 20h.
Prezo: 40 €