Venres 22 de xaneiro ás 18.00 na Casa da Cultura de Ames
Oviravai é unha compañía de desenvolvementos culturais dirixidos ao público infantil. "As andanzas de Paio" é o primeiro traballo da compañía Oviravai. Trátase dun libro CD, que forma parte da colección Sonárbore da Editorial Galaxia como lanzamento de primavera de 2016. Nel trabállanse diversos temas incluídos no currículo escolar, como as cores, as estacións, linguaxe extranxeira, as vocais, os contrarios, os animais... Puxeron, tamén, especial atención á transmisión de valores sociais como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo ou o coidado do planeta. Todo iso, a través de orixinais e divertidas cancións e historias que conta o teixugo Paio ao volver dunha viaxe. A partir diso, desenvolven distintos proxectos. Xunto a un grande equipo de traballo procedente da ESAD de Vigo (Escola Superior de Arte Dramática) articularon unha obra de "Teatro Musical Infantil" que chamaron " Vaioviravai".