Noticias de Hoy
A NOITE DA MULLER
Fecha: 07/02/2014
Horario: 22:30

A Noite da Muller

En Desconcerto Cultural celebramos o Día Internacional da Muller co mellor da escena artística galega 100% feminina. Así, na xornada do 7 marzo, véspera do DIM, contaremos coa presenza de Angélica y Roberta, Calixta e Calamity Anne na sala Cachán Clube de Santiago, nun evento que demos en chamar “A Noite da Muller” e que contará con proxeccións e actuacións musicais.

Deste xeito, en Desconcerto Cultural seguimos a apoiar a escena artística e musical galega, seguindo a liña de eventos como a Romaría Pop ou o Samaín Rock pero, desta volta, participando e apoiando unha celebración tan relevante a nivel mundial coma é o Día Internacional da Muller.

Porque o rock and roll non é cousa só de homes, Desconcerto Cultural trata de dar cabida a unha escolma de propostas que, trascendendendo o ámbito meramente musical, dan conta da forza e empuxe existente nunha escea creativa na que a muller fai tempo que derrubou estereotipos.

Horarios do evento

22:00 h. - Apertura de portas
22:30 h. - Proxección e pequena actuación de Angélica y Roberta
23:15 h. - Concerto Calixta
00:15 h. - Pinchada Angélica y Roberta
02:15 h. - Pinchada Calamity Anne

Prezos: 5€ entrada única en billetería