Noticias de Hoy
Ensemble Musica Practica en Santiago de Compostela
Fecha: 16/10/2016
Horario: 13:00

Música Práctica. Ensemble Música Práctica en Santiago de Compostela

Música Práctica. Ensemble Música Práctica en Santiago de Compostela.

A interacción dos diferentes timbres e cores progresa desde as presentacións máis ou menos individuais de cada instrumento a momentos de clímax de todo o ensemble, e incorpora momentos onde o público participa na paisaxe sonora (por exemplo, a partir de palmas). A narrativa musical elabórase a partir de seccións baseadas en diversas técnicas musicais: aparecen mosaicos sonoros puntillistas —similares a algunhas técnicas utilizadas por Pierre Boulez (1925) e Karlheinz Stockhausen (1928-2007)—, atmosferas con tramas máis densas (György Ligeti, 1923-2006), elaboracións simples dun único son (Giacinto Scelsi, 1905-1988), ou melodías de inspiración popular ou tradicional (Luciano Berio, 1925-2003). En definitiva, o compositor Fernando Buide (1980) utiliza nesta obra unha ampla gama de técnicas musicais utilizadas polos compositores máis significativos da segunda metade do século xx. A artista Gema Cilleros (1971) traballa en colaboración co compositor achegando a parte pictórica e de narrativa visual neste traballo interdisciplinar conxunto. A partir da composición musical Cilleros puxo cor á música, creando imaxes e ritmos plásticos en todos os movementos.

Concerto familiar
Ensemble Música Práctica
Catro tímbricas pintadas (2013) Fernando Buide (1980)

Formado por Jorge Montes, Fernando Buide e Alejandro Sanz contan neste proxecto coa colaboración de Juan Ibáñez e nace sen límites de repertorio, estilos ou formación. Basea o seu ideal de traballo na calidade e respecto pola música. O propio nome quere reflectir un meticuloso pragmatismo á hora de afrontar os proxectos, concertos etc. Na súa faceta didáctica é un proxecto multidisciplinar, que ten como principal obxectivo mostrar o punto de encontro entre diferentes linguaxes artísticas, partindo sempre dunha idea musical. Desta forma facilítase a súa comprensión ao establecer asociacións como poden ser timbre-cor, ritmo-forma ou matiz-xesto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635