Mostra Internacional de Cinema Etnográfico 2019 en Santiago de Compostela.">

etnografico
Fecha: 25/03/2019 a 31/03/2019

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico 2019 en Santiago de Compostela

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico 2019 en Santiago de Compostela.

A 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galegocontinúa a traballar confiando na capacidade do cinema para recoller os costumes, rituaise actividades da cultura popular. Xa o demostrara así o traballo e o legado de XaquínLorenzo “Xocas”, fundador e primeiro presidente do Padroado e creador de O carro e ohome, peza fundacional da cinematografía galega xunto a Antonio Román. Esta novaedición da MICE, que terá lugar do 25 ao 31 de marzo de 2019, conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, da Deputación da Coruña, da Axencia Galega dasIndustrias Culturais (AGADIC) e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

A programación desta 14ª MICE (que poderá verse no Museo do Pobo Galego, o TeatroPrincipal, o Museo das Peregrinacións e o Cinema NUMAX) acolle algunhas das últimastendencias do cine etnográfico dos últimos dous anos que se enmarcan dentro da SecciónOficial á concurso. Por outra banda, establécense tres liñas temáticas que vertebran eatravesan o programa: as gravacións domésticas, a temática das fronteiras físicas esimbólicas e a relación entre o son e a música coa etnografía. Nesta edición oCineclube de Compostela volve repetir a colaboración con nós na súa sección Trazascoordinada, nesta ocasión, polo investigador e músico Cibrán Tenreiro. Margarita LedoAndión e Marta Pérez Pereiro comisarían a sección Impropias (Etnografía, muller ecinema).

Como actividades paralelas realízanse dentro da MICE dous cursos para adultos(un deles en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela); un obradoiro decinema para familias e unha mesa redonda sobre arquivos sonoros e audiovisuais. A entrada ás proxeccións é gratuíta previa recollida de entrada nas billeteiras dosdiferentes espazos nos que se programen as películas. As sesións no Museo do PoboGalego e do Museo das Peregrinacións son de acceso libre ata cubrir aforo. Acontinuación destacamos as claves da programación:

SECCIÓN OFICIAL Á CONCURSO

–A Sección Oficial recolle unha selección de dezaseis filmes, que suman deznacionalidades diferentes (Brasil, México, Arxentina, Italia, Suíza, Francia,Alemaña, etc), e que representan os últimos traballos no campo da etnografía e daantropoloxía visual dos últimos dous anos. Gran parte destes filmes terán na MICEa súa estrea en España ou en Galicia.

–Algunhas destas películas chegan á MICE co aval de ter pasado por festivais doprestixio da Berlinale (caso de Familienleben, de Rosa Hannah Ziegler), Visions duRéel (caso de Boca de Fogo de Luciano Pérez Fernández) ou Los que desean, deElena López Riera, gañadora do Concurso Nacional de Curtametraxes no Festivalde Locarno.

–Dentro da sección competitiva recóllense temáticas variadas tratadas con técnicasdiferentes, como o traballo con material de arquivo en Isabel, la criolla (MarcelCzombos) ou o deseño creativo do son en Curupira, bicho do mato (Felix Blume),eixos que atravesan o total da programación nesta edición. Cabe salientar que o50% das películas que concursan nesta sección están dirixidas por mulleres, algoque se pode extrapolar ao total da programación da 14ª MICE do Museo do PoboGalego.

–A sección oficial á concurso da MICE recolle dentro do programa unha pequenamostra das últimas pezas de creación galega: Entroido en Face de Hóspedes, deDavid Castro; Hora silenciosa de Noelia Mª Muíño; Tecido resistente de MarinaChiavegatto e Stockroom de Sol Mussa.

–O xurado estará formado por Beli Martínez (docente e produtora); Pepe Calvo(antropólogo e director do Museo Etnográfico de Castela e León) ; Joan Roura(antropólogo e membro de AGANTRO), Ana Catarina Pereira (investigadora edocente na Universidade da Beira Interior) e José María Folgar de la Calle (quefoi profesor de historia do cine na Universidade de Santiago de Compostela).

–O xurado outorgará entre os filmes a concurso o Premio á Mellor PelículaEtnográfica dotado con 900 euros e trofeo; e tamén escollerá a Mellor PelículaGalega entre os filmes galegos que participan nesta sección dotado con 700 eurose trofeo. Os espectadores outorgarán mediante as súas votacións o Premio doPúblico recoñecido con diploma e trofeo. Este ano ademais a Asociación Galega deAntropoloxía Social e Cultural outorgará o premio AGANTRO á profundidadeantropolóxica dotado de diploma e trofeo.

 

PROGRAMA COMPLETO

LUNS, 25 DE MARZO

20.30 | Apertura da MICE | Teatro Principal

Benvida de Ana Estévez, directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico +Sesión inaugural da 14ª MICE arredor do cinema doméstico [coa presenza deManoel da Costa, a cineasta Xisela Franco e Pablo Gómez de La Cinematográfica]

22.30 | Afro-american Work Songs in a Texas Prison + Y tenemos sabor + The End of anOld Song | Primeira sesión de TRAZAS | Teatro Principal


MARTES, 26 DE MARZO

16.30 – 19.30 Seminario Co(M)XÉNERO Muller nas Estremas na Facultade de Cienciasda Comunicación | Coas docentes Elena Oroz e Ana Catarina Pereira

19.30 | Marías da Sé de Filipe Martins | Sección Oficial. Estrea en España | Museo doPobo Galego | Coa presenza do director

20.30 | Performing the border de Ursula Bienman | Sección IMPROPIAS | Estrea enGalicia | Teatro Principal | Coa presentación de Elena Oroz

22.00 | Puta mina do colectivo Puta Mina (en colaboración co Laboratorio de AntropologíaAudiovisual Experimental do MUSAC) | Sección Oficial. Estrea en Galicia | Teatro Principal| Coa presentación de Mercedes Ordás


MÉRCORES, 27 DE MARZO

19.30 | Nimble fingers de Parsifal Reparato | Sección Oficial. Estrea en Galicia | Museo doPobo Galego

20.00 | Surname Viet given name Nam de Trinh T. Min-Ha | Sección IMPROPIAS | Estreaen Galicia | NUMAX | Coa presentación de Margarita Ledo

20.30 | Isabel, la criolla de Marcel Czombos | Sección Oficial. Estrea en España | TeatroPrincipal

22.30 | The Wigan Casino +Heavy Metal Parking Lot + rexistro[7] telephones rouges nuncuarto + I sing the Desert Electric + petites planètes_volume 5_ Peret | Sección TRAZAS |Teatro Principal


XOVES, 28 DE MARZO

19.30 | Mot de passe: Fajara + Neetu| Sección Oficial. Estrea en Galicia | Museo dasPeregrinacións

20.00 | Alentejo, Alentejo de Sérgio Tréfaut | Sección TRAZAS. Estrea en Galicia |NUMAX

20.30 | Entre lobos de Camus Adrien | Sección Oficial. Estrea en España | Museo dasPeregrinacións

22.00 | Tecido resistente de Marina Chiavegatto | Filme galego a concurso na SecciónOficial | Museo das Peregrinacións | Coa presenza da directora


VENRES, 29 DE MARZO

16.00h – 20.00h | Obradoiro Tránsito á captura con Adriana Vila Guevara e Miguel Alonso Cambrón | Museo do Pobo Galego

18.00 | Los que desean de Elena Riera | Sección Oficial | Museo das Peregrinacións

19.00 | Europlex + Tout le monde aime le bord de la mer + Hyohakusha (camiñante senrumbo) | Sección IMPROPIAS | Museo das Peregrinacións | Coa presenza de KeinaEspiñeira e Xisela Franco

20.30 | Hora silenciosa + Entroido en Face de Hóspedes + Stockroom | Filmes galegos a concurso na Sección Oficial | Teatro Principal Coa presenza de Sol Mussa

22.00 |Familienleben de Rosa Hannah Ziegler | Sección Oficial. Estrea en España |Teatro Principal


SÁBADO, 30 DE MARZO

10.00h – 14.00h | Obradoiro Tránsito á captura con Adriana Vila Guevara e Miguel AlonsoCambrón | Museo do Pobo Galego

11.00h – 13.00h | Obradoiro familiar Facemos cinema sen cámara | Asociación EspacioRojo | Museo do Pobo Galego

12.30 | PROXECTA CONSTRÚE. A cuestión de xénero nos festivais de cinema | Cantinado CGAC

18.00 | Curupira, bicho do mato de Felix Blume | Sección Oficial. Estrea en Galicia| Museodas Peregrinacións

19.00 | Là est la maison + Boca de fogo | Sección Oficial | Museo das Peregrinacións

20.30 |Entrega de premios da 14ª MICE. Gala conducida por Iria Piñeiro | Museo doPobo Galego


DOMINGO, 31 DE MARZO

11.00h – 13.00h | Obradoiro familiar Facemos cinema sen cámara | Asociación EspacioRojo | Museo do Pobo Galego

12.30 | CONVERSA - VERMÚ: De Lomax a Youtube. Prácticas musicais comunitarias earquivos dixitais abertos | Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre de Conxo

20.30 | O club dos sen teito de Claudia Brenlla | Galicia no Festival Espiello | TeatroPrincipal22.00 | Proxección filmes gañadores da 14ª MICE do Museo do Pobo Galego

cinema etnografico