O músico valenciano Pablo Maronda é o encargado de inaugurar a nova edición de Baixo a Vide, na que é a súa primeira visita a Galicia. A proposta de Maronda coida ao mínimo cada detalle, nunha música cultivada a base de referencias literarias e melodías de grandes compositores británicos como Nick Lowe ou Robyn Hitchcock, un dos participantes na anterior edición do ciclo, ademais de referencias do pop español dos 60 como Los Brincos ou Los Ángeles.
Maronda ten previsto publicar en datas próximas novo traballo, despois de chamar a atención do panorama independente con “El fin del mundo en mapas” (2010) e o autoeditado “La orfebrería según los místicos” (2013).
O concerto de Maronda é o mércores 19 de febreiro, no Kunsthalle Compostela, a partir das 20:30 horas. O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo. Os asistentes poderán degustar os viños da magnífica bodega Joaquín Rebolledo, da Denominación.
Web: www.maronda.es