La Compañía Cía Flamenca presenta: Reencontro, en Santiago de Compostela.
“En cada unha das miñas experiencias artísticas, teñen xurdido momentos máximos que me deixaron un sabor especial. Todos e cada un deles, convertéronme no que son hoxe. Sempre pensei que a adecuada mestura dos ingredientes dunha receita asegura o éxito da mesma. E aínda que nunca busquei o éxito, si quero buscar eses ingredientes para unha receita especial. Si quero volver a vivir esas sensacións e emocións tan máxicas, tan particulares, tan únicas... E para iso só teño que reencontrarme coas persoas que mas provocaron.
Así xorde Reencontro. Un encontro no mesmo escenario con todas e cada unha desas persoas que provocan en min unha emoción especial, única e diferente. E volver a arriscarme, e volver a emocionarme, e volver a sentir...”(Asunción Pérez, “Choni”)
Ficha artística e técnica
Idea orixinal e coreografía: Asunción Pérez “Choni”
Dirección musical: Raúl Cantizano
Composición Musical: Raúl Cantizano e Antonio Montiel
Elenco
Baile : Asunción Pérez “Choni”
Cante: Alicia Acuña
Guitarra e zanfona: Raúl Cantizano
Trompeta e percusión: Antonio Montiel.
Artistas convidados: Manuel Cañadas, Rosario Solano
Iluminación: Nacho Sánchez para Buenaventura Producciones
Son: Pepe Carnacea
Vestiario: Felisa García, Rosalía Zahíno, López de Santos
Produción: María Velasco para vecinasmanagement
Management e produción: vecinasmanagement
Distribución estatal: Elena Carrascal