Noticias de Hoy
III Xornadas Literatura e Ensino 2013
Fecha: 13/12/2013

III Xornadas Literatura e Ensino 2013

III Xornadas Literatura e Ensino 2013 en Santiago de Compostela

Versos pintados no pupitre da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) terá lugar o 13 e 14 de decembro na Biblioteca e Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia.

Programa

Venres 13 de novembro de 2013

16:30 | Entrega de material
17:00 | Conferencia : Poesía para xente miúda. Música e xogo de palabras. Xosé María Álvarez Cáccamo.
18:00 | Mesa redonda: O Club dos poet@s viv@s. Fran Alonso, Antonio García Teijeiro, Elvira Riveiro.

Sábado 14 de novembro de 2013

10:00 | Mesa redonda: Enrededando versos nas aulas. Montse Penas, Anxos Rial, Rominal Bal.
12:00 | Obradoiros de expresión escrita (simultáneos):

  • Quen teme a poesía feroz? Antía Otero
  • Poesía, que ollos tan grandes tes
  • Son para verte mellor
  • Poesía, que orellas tan grandes tes
  • Son para escoitar mellor
  • Poesía, que boca tan grande tes
  • É para revelar, bruar, axitar, devorarte... mellor!

Fascinio poético no proceso de creación. Dores Tembrás

Que acontece cando afirmamos que a poesía é unha experiencia ao alcance de tod@s? Neste obradoiro propoñemos un breve percorrido por algunhas vías de acceso e por aquelas ferramentas que permitirán decodificar e facilitar o fascinio a un público adolescente. Misterio e técnica, emoción e precisión. En todo, poesía.

Versos transformers. Carlos Negro.

Poemas transformers é unha experiencia de poemas desmontables e reciclables; versos contemporáneos para todos os públicos, agás os que estean xordos de corazón e cegos de oído. Transformamos poemas para que transformen as aulas en espazos abertos á imaxinación. Facemos e desfacemos. Conclusión: non todos temos que converternos en poetas, mais todos podemos crear un verso.

16:00 | Conferencia: E-memoria. Contidos e aproveitamento do arquivo de tradición oral da AELG. Antonio Reigosa.
17:30 | Mesa redonda: Voces de Rosalía.

  • Uxía: Rosalía pequeniña
  • Najla Shami: Na lingua que eu falo
  • Aid: Rapoemas.

19:15 | Actuación de Uxía, Najla Shami e Aid.
20:00 | Clausura

Web: www.cidadedacultura.org