Noticias de Hoy
II San Silvestre Tomiñesa
Fecha: 31/12/2025
Horario: 12:00 a 16:00

II San Silvestre Tomiñesa

A II San Silvestre Tomiñesa celebrarase o 31 de decembro ás 12:00 h cunha saída e meta situadas na Praza do Seixo, en Tomiño. Trátase dunha carreira‐andaina non competitiva e con inscrición gratuíta, aberta ata o 25 de decembro ás 23:59 h. Para participar é obrigatorio doar 1 kg de comida non perecedoira, que deberá entregarse ao recoller o dorsal ou o propio día do evento. Ademais, quen se inscriba ata o 15 de decembro recibirá unha camiseta de balde e todas as persoas participantes poderán gozar de chocolate quente gratuito.

Este evento deportivo e festivo conta cun percorrido de 1.600 metros para a cativada e familias, mentres que o resto de participantes poderá completar unha distancia de 4.000 metros. A organización anima a acudir con complementos e roupa de Nadal para darlle cor e espírito festivo á última mañá do ano, convertendo esta segunda edición da San Silvestre Tomiñesa nunha celebración comunitaria aberta a todas as idades.

⚙ Configurar cookies