I Mostra da Cervexa Artesá en Santiago
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou este martes os detalles da I Mostra de Cervexa Artesá, que se celebrará en Compostela do 7 ao 9 de xullo.
Múltiples actividades
A mostra celebrarase a fin de semana con actividades tanto de balde como de pago e inscrición.
venres 7
18:00h: A inauguración coa pinchada do primeiro barril.
19:00h: Foliada galega e cun obradoiro de introdución e cata de cervexas artesanais a cargo de Jesús Rivera Armán. Esta actividade ten un prezo de 5 euros por persoa e require anotarse no correo fillos.da.malte@gmail.com.
21:00 horas terá lugar un concerto a cargo de La Cumbancha de la Martiniana, que pechará o primeiro día de feira a iso da media noite.
sábado 8
Xa o sábado terá lugar un curso de elaboración de cervexa artesá a cargo dun mestre cervexeiro. Esta actividade será de balde.
14:00h: Concerto de Pito d Pikaso.
19:00 h: volven as cervexas a protagonizar a feira cunha cata friki a cargo da tenda de cervexas La Atlántica. É preciso anotarse en info@la-atlantica.com e ten un prezo de 20 euros por persoa.
20:00 h: Belén Matilla dará unha charla sobre o lúpulo en Galicia.
21:00 h: Concerto do grupo de música Jimmy & Jesus.
domingo 9 Clausura
Os nenos e nenas teñen o seu espazo na Mostra da Cervexa, xa que ás
12:30h: un taller no que poderán participar e pasalo ben.
14:00 h: o DJ Rafa Morcego será o encargado de amenizar a sesión "Beer-mú"
Xa pola tarde terá lugar un curso gratuíto de elaboración de cervexa artesá a cargo dun mestre cervexeiro.
19:00 h: terá lugar unha cata de cervexas galegas impartida pola Cervexería Beerlab, previa a dúas actuacións musicais a cargo de Esteban e Manuel e do Dj Rafa Morcego.
22:00 h: celebrarase o concurso no que se elixirá a mellor etiqueta e a mellor cervexa da feira e sortearanse packs entre o público participante.