Noticias de Hoy
PORTADA_hem2017
Fecha: 22/06/2017
Horario: 01:00

Hoy es Marketing HEM en Santiago de Compostela

Hoy es Marketing HEM en Santiago de Compostela

Capacidade completa para acudir ao evento «Hoy es marketing» no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela

I Os interesados contan coa posibilidade de asistir vía streaming
I Organizado por ESIC Business & Marketing School e IESIDE, celebrarase o xoves 22 de xuño
I Celébrase por vez primeira en Galicia e participarán os principais expertos do sector, que mostrarán as súas estratexias de éxito, as novas tendencias empresariais e os grandes desafíos do marketing e o management

20.06.2017. O Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro venres 22 de xuño «Hoy es marketing», o maior evento de management e marketing en España, que se celebra por primeira vez en Galicia. As prazas para asistir de xeito presencial xa foron cubertas, pero todo aquel interesado en participar pode facelo vía streaming inscribíndose nesta ligazón.
Organizado por ESIC Business & Marketing School e IESIDE reunirá nun mesmo foro os principais expertos neste ámbito, que mostrarán as últimas tendencias do mundo empresarial, a comunicación e a economía dixital. «Hoy es marketing», que se celebra anualmente desde hai catorce anos, consolidouse como un foro de referencia das últimas tendencias do mundo empresarial e o marketing, no que participan os profesionais e directivos das empresas españolas máis importantes. Como subliñan desde ESIC, «é unha oportunidade única para coñecer como as empresas entenden e levan a cabo o mellor marketing de España, mostrando as súas estratexias de éxito, as novas tendencias empresariais e os grandes desafíos do marketing e o management».
Baixo o lema «A empresa na encrucillada: marcas, consumidores, equipos, RSE, algoritmos, propostas excluíntes ou valores compartidos?» esta edición conta coa participación de Jorge Huguet, director de Marketing de Playstation; César Rojo, director de Marketing de KTM Sportmotorcycle España; Alfonso García, SAP Hybris Spain Sales Director; Alfredo Ramos, director xeral de R Cable; José Luis Ferrero, Marketing communications & digital, Senior Manager de Philips Lighting España e Portugal; Macarena Estévez, CEO de CONENTO; Manuel Balsera, Senior Vice President de AMC Networks; Juan José González, CEO de Helping e Alberto Sáez, xefe de comunicación dixital de REPSOL. Todos eles compartirán cos asistentes os segredos das súas marcas, analizarán o presente e futuro das súas compañías e mostrarán a través das súas experiencias as claves máis innovadoras para entender os novos paradigmas do marketing e o management nun contexto global.
«Hoy es marketing» enmárcase no convenio de colaboración subscrito entre o Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) e ESIC Business & Marketing School, co obxectivo de reforzar o modelo de educación superior que ambas as institucións promoven a nivel de innovación, calidade do programa educativo e orientación ao mundo da empresa nas áreas de marketing, vendas e digital business, establecendo sinerxías en materia de formación entre dúas institucións de referencia.

 

Agenda Hoy es marketing Santiago de Compostela