A Biblioteca de Galicia, con gallo do 120 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, dedícalle o mes de setembro a esta polifacético autor e organiza un obradoiro familiar de teatro e tamén un concerto de homenaxe coa formación Xardín Desordenado. Ambas son actividades de balde, pero para as que é preciso inscribirse.
Así, para o sábado 23 de setembro, está previsto o Obradoiro de dramatización, onde ler é máis que ler; é pór emocións en xogo e desenvolver as habilidades lingüísticas, traballando a desinhibición e a comunicación entre o grupo.
Traballararase un texto do escritor para o que, previamente, faranse técnicas teatrais de traballo corporal, respiración e dicción de voz xa que son as principais ferramentas de traballo para unha correcta transmisión oral en público.
A seguinte actividade de homenaxe celebrarase o 30 de setembro, ás 19 horas. Trátase dun concerto a cargo do grupo Xardín Desordenado. Das múltiples facetas do autor, os músicos de Xardín Desordenado decidiron subliñar a súa condición de 'Autor das letras galegas', convencidos de que él valoraría especialmente este título no seu currículo.
O programa, titulado Eduardo Blanco Amor, home das letras, inclúe cancións compostas con textos do homenaxeado e outras con textos de galardoados outros anos como Díaz Castro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Valentín Paz Andrade, Xosé María Álvarez Blázquez e Rosalía.