Noticias de Hoy
unitaria grafica HITETNUC
Fecha: 12/05/2016
Horario: 22:00

Hic et Nunc: Alá foi danza, en Santiago de Compostela

ALÁ FOI DANZA é unha compañía formada con motivo da celebración do Festival IMPERDIBLE 2016, que reúne a bailarinxs das compañías Cisma Danza, La Incidente D-T e do proxecto VoltageOpposite, coa intención de situar a improvisación coma motor do movemento. Danza Improvisada. Intérpretes: Paula Quintas, Leodan Rodríguez, Isabel Sánchez e Xiana Vilas Sinopse: Encontro de diferentes bailaríns improvisando no aquí e no agora. Unha composición xerada nun momento efímero, no presente, que non se pode repetir. Un espectáculo que cambia en cada instante.