Gala Solidaria Festiclown Palestina 2017 en Santiago de Compostela.
O Venres 28 ás 18.30 horas, o Teatro Principal de Compostela acollerá unha gala de humor solidario para financiar a quinta edición do Festiclown Palestina, “circo rebelde contra a ocupación”.
Isabel Risco presentará unha gala chea de circo e música na que actuarán Píscore, Circo chosco, Dani García, Raquel Veganzones, Jano Costas, Paco Nogueiras e Uxía.
*Podes atopar máis info dos artistas ao final do documento.
A entrada solidaria custa 5 euros. Os que non poidan asistir pero estean interesados en facer posible o FESTICLOWN PALESTINA poderán participar a través da Fila 0 (cero): La Caixa ES13 2100 4333 1502 0005 4202.