A Cidade da Cultura acolle o mércores 31 de xullo o obra de monicreques 'De Vilatriste a Vilalegre' como parte do Verán en Familia no Gaiás.
Xullo bota o peche cun espectáculo de monicreques que confronta a fantasía coa realidade social do rural galego. Unha proposta para xerar comunidade ao redor das artes escénicas que se enmarca na celebración do 40 aniversario do Centro Dramático Galego.