El Primos Hermanos trae a Santiago de Compostela la mejor música y gastronomía asturiana.
A próxima edición do festival #PrimosHermanos celebrarase o 20 de febreiro de 2016 en Santiago de Compostela e, dúas semanas despois, o 5 de marzo, na cidade de Oviedo. O evento, organizado pola asociación sen ánimo de lucro Desconcierto Cultural, contará con polo menos 10 actuacións musicais repartidas entre ambas poboacións. Durante o próximo mes farase público o cartel para esta cita.
Para o evento de Santiago de Compostela, centrado en artistas asturianos, a organización conta coa participación de catro coñecidos locais. Primos Hermanos iniciarase cunha primeira actuación, en horario de sesión vermú, no bar Embora Bar. A continuación, celebrarase a comida de confraternidade, con algúns dos pratos máis recoñecidos da gastronomía asturiana, no restaurante Resas. Tras o solpor, a Casa das Crechas acollerá dous concertos. Finalmente, o festival desprazarase ao Cachan Clube para concluír a cita compostelá con dúas actuacións máis.