Noticias de Hoy
cine ames festival 2022
Fecha: 24/11/2022
Horario: desconocido

Festival internacional de cine infantil de Ames

O festival Cinema Miúdo arrinca o período de programación e para elo, anima aos cineastas de calquera nacionalidade a inscribir as súas pezas e optar a ser proxectadas na quinta edición do festival internacional que se celebra no Concello de Ames. 

O festival celebrarase entre o 24 e o 27 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns e o Milladoiro e a partir deste ano estará xestionado pola produtora cultural galega Abella. 

Como é habitual, a sección oficial estará dividida en dous bloques, atendendo á idade á que están dirixida os filmes: axóuxeres, para meniños de entre 2 e 7 anos; e buxainas, para nenos maiores de 7. Cada unha das categorías competirá por un premio do xurado, dotado con 500€  e un premio do público de 200€.

A inscrición é gratuíta a través da plataforma Festhome ou no correo electrónico programacion@cinemamiudo.gal. Poderá inscribirse calquera filme producido no ano 2020 ou posterior, destinado ao público preescolar, infantil ou xuvenil e sen límite de traballos por creador. No caso de pezas rodadas nun idioma distinto ao galego ou castelán deberán estar subtituladas. En canto á duración das curtas, deberá non superar os 10 minutos na categoría axóuxeres e ser menor de 25 na categoría buxaina.

A selección das películas farase tendo en conta os valores tanto estéticos como educativos da peza e só serán seleccionadas aquelas que  que respecten a igualdade, diversidade e a non discriminación.

Nova xestión: Abella

Cinema Miúdo encara a súa quinta edición cunha nova dirección, a produtora cultural galega  Abella, un equipo que xa traballou na programación e a comunicación de anteriores edicións e que agora asumen a xestión integral do evento, no que aplicarán a experiencia adquirida á fronte doutros certames, como o Galician Freaky Film Festival ou o Primavera do Cine. A vontade de Abella é dar pulo á chegada de traballos que traten aos nenos como futuros adultos, con pezas de fonda carga humana e ética, sen esquecer a parte lúdica e estética da mensaxe audiovisual.

Cinema Miúdo

Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que nace no concello de Ames en 2018. O festival quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo. Deste xeito propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

Nas anteriores edicións de Cinema Crianza, o público gozou de sesións con filmes de Galicia, Francia, Corea, India, Afganistán, Marrocos ou Estados Unidos ademáis de sesións específicas para escolares, mesas redondas para educadores, obradoiros, e sesións musicais.