Festival Atlántica 2019 en Santiago de Compostela.
Un vello refrán baionés chámanos á acción. As estrelas a brillar, mariñeiros para o mar. Esta chamada á acción noitarega encheu as costas do Atlántico durante milenios. Homes e nenos montando nas súas embarcacións de pau e adentrándose nun mar duro e impredecible, en plena noite fría, empapados coa luz das estrelas, na procura do seu sustento, ás veces submarino, outras en portos distantes. Agora é tempo de estrelas que brillan na noite. É tempo de botarse de novo ao mar.
Robert MacFarlane explica no seu fermoso libro The Old Ways os sendeiros imaxinarios que percorren o Atlántico europeo, das Hébridas ata Galicia, e dá conta de cal era o material máis valioso traficado entre os portos da ribeira: as historias, as infinitas variantes dos contos, levados por todos os brazos da bitácora, de norte a sur, de leste a oeste e de volta.
O festival Atlántica concibe a Galicia toda coma un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán, no que atracarán contadores de historias dos países que beirean o Océano Atlántico. Nestes anos contacontos de Portugal, Uruguai, Arxentina, Irlanda, Camerún, Brasil, Inglaterra, Francia… países vinculados todos eles ao mar e que fixeron do mar un dos seus máis fortes selos de identidade, chegaron a nosa terra. Galicia é coma o capacho no que se recollen as historias que van e veñen por este mar.
Atlántica 2019. Festival de Historias e Contos. Unha programación chea de historias para alumear o mundo dos nenos e a todas aquelas persoas que levan no corazón un recuncho onde aniñan os contos e lendas. Un momento de saír a escoitar, porque na noite escura sempre brillan as estrelas.
21:00h. Por unha peseta. Cía. A Patacón -Rilo & Díaz. Borriquita de Belem (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
MÉRCORES 13 DE MARZO DE 2019
21:00h. Gala Inaugural: Leilía Atlántica.
Espectáculo en galego | Dirección Escénica: Quico Cadaval. Teatro Principal (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
XOVES 14 DE MARZO DE 2019
18:30h. Cunqueiro en Compostela. Contos nas rúas e tabernas (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
21:00h. Novas voces da narración galega. Con Cris de Caldas, Lorena Pinheiro, Esteban Yañez e Dani Blanco. Sala Riquela (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
20:30h. Contos tradicionais do Xapón. Centro Cultural Torrente Ballester (FERROL)
20:30h. Vellos contos de novo. Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN)
18:00h. Morte en Compostela. Antigos recintos funerarios. Contos nas rúas e cemiterios
20:30h. Vellos contos de novo. Centro Cultural Torrente Ballester (FERROL)
21:00h. Contar. Centro Xove da Almáciga (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
SÁBADO 16 DE MARZO DE 2019
21:00h. Vellos contos de novo (Pep Bruno) e Contos das mulleres do Oeste (Guti) Teatro Principal (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
21:00h. Os inocentes. Auditorio de Ferrol (FERROL)
21:00h. Contos tradicionais do Xapón. Círculo de Recreo-Casino de Lalín (LALÍN)
PROGRAMA INFANTIL E FAMILIAR
18:00h. Contar. Libraría Follas Novas (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Contar. Libraría Follas Novas (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
13:00h. Contos da Ilha. Auditorio do Concello (PAZOS DE BORBÉN)
11:00h. Cans, deporte, mocidade e cidade. IES Parga Pondal (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
12:45h. Chapéus há muitos e amores também! IES Cacheiras (TEO)
18:00h. Na miña mochila traio contos. Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN)
18:00h. Contos tradicionais do Xapón. Biblioteca Municipal (FERROL)
VENRES 15 DE MARZO DE 2019
10:00h. Cans, deporte, mocidade e cidade. IES Rosalía de Castro (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
10:00h. Os contos do meu baúl. CEE López Navalón (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
10:00 e 12:00h. A Bela Durminte. Coa Banda Municipal de Música de Santiago. Auditorio de Galicia-Sala Mozart (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
13:00h. Contos de Lilith. Auditorio do Concello (PAZOS DE BORBÉN)
18:00h. Na miña mochila traio contos. Biblioteca Municipal (FERROL)
18:00h. Romería. Centro Cívico de Meixonfrío (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Contos populares do Xapón. Centro Cívico das Fontiñas (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Animaladas. Centro Cívico de Vite (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Os cans tamén contan. Centro Cívico do Ensanche (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. O coleccionista de palabras. Centro Cívico de Pontepedriña (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Historias de don Guti. Centro Cívico de Vite (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
19:15h. Cun ollo aberto... Centro Cívico de Conxo (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
12:00h. A viaxe de Nano. Museo Municipal Ramón María Aller (LALÍN)
12:00h. Historias de risa sen présa. Centro Cultural Torrente Ballester (FERROL)
12:00h. Chove. Museo do Pobo Galego (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
12:00h. Historias que atopei nos libros. Biblioteca Pública Ánxel Casal (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
12:00h. Vermú de contos. Narradores e narradoras do festival contarán polas rúas da zona vella. Praza de Cervantes e rúas da contorna (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
17:00h. En Compostela, os cans tamén contan. Parque Eugenio Granell (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. A Bela Durminte. Coa Banda Municipal de Música de Santiago. Teatro Principal (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Bebecontos. Centro Cívico de Santa Marta (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
18:00h. Historias de risa sen présa. Biblioteca Pública do Grilo (TEO)
12:00h. Contos para viaxar ao Xapón. Círculo de Recreo-Casino de Lalín (LALÍN)
17:00h. En Compostela, os cans tamén contan. Parque Eugenio Granell (SANTIAGO DE COMPOSTELA)