Noticias de Hoy
gaias
Fecha: 11/03/2021

Exposicións no Museo Gaiás

Cinco exposicións no Museo Gaiás, outras oito mostras de menor formato na Biblioteca e Arquivo de Galicia, e sete intervencións artísticas nas Torres Hejduk e nos espazos verdes serán a oferta para este ano na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Así, renderase homenaxe ao décimo aniversario da Cidade da Cultura con con interesantes mostras. A primeira delas, Os grandes segredos de seu ventre, mostrará a partir do día 18 de marzo e ata principios de outubro unha selección dos fondos da Fundación RAC (Rosón Arte Contemporánea), unha das coleccións privadas máis destacadas do país, depositaria de máis de 300 obras de 170 artistas nacionais e internacionais.

O 26 de marzo chegará a exposición máis destacada: Faraón, Rey de Egipto, con fondos do British Museum e trátase dunha mostra encaixada no marco do Xacobeo 2021  que poderá visitarse ata o 16 de agosto.

En xullo chegará o proxecto Galicia Futura, unha proposta que nos fará preguntar, que queremos ser non futuro ou cara a onde miramos.

O 21 de outubro será a quenda de Jorge Castillo, que amosará unha mostra da súa faceta como escultor, baixo o título Castillo, escultor. Ferro, bronce, arxila. E para pechar o 2021, volverán ao Gaiás fotografías históricas con O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra.

Ademais, a exposición que xa hai de Isaac Díaz Pardo, As miradas de Isaac, prolongarase ata o 30 de maio.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635