Cinco exposicións no Museo Gaiás, outras oito mostras de menor formato na Biblioteca e Arquivo de Galicia, e sete intervencións artísticas nas Torres Hejduk e nos espazos verdes serán a oferta para este ano na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.
Así, renderase homenaxe ao décimo aniversario da Cidade da Cultura con con interesantes mostras. O 26 de marzo chegará a exposición máis destacada: Faraón, Rey de Egipto, con fondos do British Museum e trátase dunha mostra encaixada no marco do Xacobeo 2021 que poderá visitarse ata o 15 de agosto.