Exposición de Cervantes, Shakespeare y Rubén Darío en Santiago de Compostela.
Esta exposición, que se celebra para conmemorar o IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare e o primeiro centenario da morte de Rubén Darío, está formada por unha escolma de exemplares sobre os tres escritores. Dita selección inclúe biografías, estudos e as obras máis famosas de cada un deles, clasificadas por xéneros literarios (poesía, teatro e prosa). Moitos dos exemplares que se poderán ver e que pertencen aos fondos da Biblioteca Universitaria son edicións ilustradas que conteñen imaxes, debuxos ou gravados de gran beleza. Ademais, cada exemplar irá acompañado por unha tarxeta, escrita en galego, inglés e castelán, coa información bibliográfica e
con comentarios sobre aspectos relevantes referentes á edición, ás ilustracións, ao autor,etc.
Paralelamente á mostra de libros, ofrécese a oportunidade de coñecer información sobreas súas vidas, grazas á colocación de carteis, a carón das vitrinas, cos datos máis importantes e curiosos que axudarán a comprender mellor a personalidade de cada un.
O día da inauguración, 23 de abril, celebrarase un acto que incluirá a lectura dramatizada de textos, música en directo e unha charla a cargo dun Profesor e Catedrático da USC especialista en Cervantes. Dito acto terá lugar no Xardín Botánico de Fonseca que estará engalanado para a ocasión coas verbas dun poema de Rubén Darío situadas nas pólas das árbores así coma outros elementos decorativos.
A exposición remata o 30 de xuño