A exposición Ricardo Carvalho Calero.">
exposiconavozdopresentemuseodomarvigopontevedra
Fecha: 25/11/2020 a 25/12/2020

Exposición Carvalho Calero. A Voz Presente

Santiago de Compostela

A exposición Ricardo Carvalho Calero. A voz presente, que promove a Consellería de Educación, Cultura e Universidade en colaboración coa Associaçom Galega da Lingua (AGAL) no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2020 chega a Santiago de Compostela.

Durante o acto, o secretario xeral de Cultura agradeceu ás institucións, empresas e administracións “o esforzo e compromiso levado a cabo nos últimos meses para manter as celebracións en homenaxe ao autor, adaptándose á situación sanitaria”. Neste sentido, o representante da Xunta precisou que xuntos “fomos quen de renderlle tributo durante este ano a unha figura como Ricardo Carvalho Calero a través de iniciativas en internet”. Agora, tal e como sinalou, dase un paso máis neste obxectivo levando a “Ferrol, a súa terra natal, boa parte do seu legado facendo que o propio autor fale de si mesmo a través da súa obra”. 

Neste sentido, Anxo M. Lorenzo manifestou o compromiso do Goberno galego coa celebración do Día das Letras escollendo Ferrol como a parada desta mostra que inclúe materiais audiovisuais, entrevistas concedidas, citas de obras literarias e mesmo artigos e pezas propias. 

Ricardo Carvalho Calero. A voz presente é a versión estendida da exposición que desde o mes de xuño está a itinerar en distintos concellos galegos en formato máis reducido.

Permanecerá en Santiago de Compostela entre o 25 de novembro e o 25 decembro.