Xosé Neira Vilas abre as portas da súa casa e da súa memoria para amosarnos, nunha entrevista, un percorrido polas súas andaduras vitais e literarias. Ao mesmo tempo transcorre en paralelo a animación do seu conto O Espantallo Amigo narrado pola voz de Amalia Gómez. Realidade e ficción terminan por mesturarse, representando unha fermosa apoloxía da xenerosidade, da amizade e do poder expansivo da lingua galega.
A presentación correrá a cargo do seu director, Carlos Seijo, e de Luis Reimóndez, representante da Fundación Neira Vilas.
A continuación realizarase a proxección do documental de 32 minutos de duración.
A ENTRADA é LIBRE ata completar a capacidade da sala.