Noticias de Hoy
Run Baby Run IG post
Fecha: 06/10/2023
Horario: 21:00

Estrea de Run Baby Run en Santiago de Compostela

 

O Salón Teatro do Centro Dramático Galego (CDG) acollerá o vindeiro 6 de outubro a estrea absoluta de Run Baby Run. Fátima Delgado asina o texto desta peza dirixida por Jana Pacheco, que pon o foco na discriminación de xénero dentro do deporte.

A obra está coproducida polo Teatro Español, o Centro Dramático Galego, Meninas Teatro e Proversus e conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e da Consejería de Cultura da Comunidad de Madrid.

Alba é unha atleta de éxito que loita por conseguir a victoria e entrena duro para iso. É a favorita, pero a súa carrera verase truncada por un feito inesperado. Uns meses antes dos Xogos Olímpicos, a deportista é apartada da competición oficial.

Para Alba nese momento o seu mundo vense abaixo. Acompañada pola súa inseparable adiestradora verase nunha encrucillada na que loita por cumplir e seu soño sen renunciar ao seu verdadeiro ser.