Elahood presenta en Santiago de Compostela: La soledad de Wally.
La soledad de Wally é unha produción de danza urbana, que consta de 4 pezas individuais unidas por unha temática común, pero exploradas desde diferentes puntos de vista. O sorriso dunha estraña, compartir unha lasaña de espinacas, espertarse cun berro de bos días, unha aperta. Cando as relacións sociais son indispensables para as persoas e a ausencia delas ten consecuencias tan negativas, por que é tan difícil admitir que nos sentimos sós?
WATER: Un cuarto, unha muller, o fluír dos seus pensamentos e un intento de saída. Observar movemento desde a quietude desexando que forme parte dela mesma
IMPERMEABLE: (substancia) que non permite o paso da humidade, a auga ou outro líquido (persoa) Que é indiferente a una emoción ou sentimento.
PROTOCOLO: Canta realidade atopas nas túas relacións? Cantas veces falas sen sentir e cantas veces sentes sen falar?
PIPAS AL AIRE: A que idade deixamos de xogar? Xogar, xogar e xogar, para crear, para compartir, para ser, para crecer e para crecer aínda máis.