Noticias de Hoy
The Dream Syndicate
Fecha: 08/05/2014
Horario: 22:00

The Dream Syndicate

O grupo The Dream Syndicate despois de máis de 2 décadas separados, en setembro do 2012 Steve Wynn e os seus secuaces chegaban a España para dar o seu primeiro concerto desde 1988 e conmemorar o 30 aniversario do seu aclamado disco de debut ‘The Days of Wine and Roses’, xuntáronse de novo para dar unha sería moi limitada de shows que foron memorables. Tras o éxito da súa volta aos escenarios, en 2014 comezan unha xira moi exclusiva que unicamente pasará por 4 cidades españolas, 10 en toda Europa. Será a 1ª vez que o público galego poida gozar dunha das bandas de rock americanas máis influentes dos 80.

O concerto será o próximo 8 de maio na Sala Capitol e as entradas sairán mañá á venda a un prezo de 16 € + gastos a través de Ticketea.com, web Servinova, tlf 902504500, A Reixa Tenda, Novagalicia Banco e despacho de billetes do Teatro Principal. Faino da man do ciclo Galicia Importa e enmarcado no Compostela Rock.

Despois da presentación do primeiro concerto do ciclo Galicia Importa 2014, que correrá a cargo do californiano NICK WATERHOUSE, unha das novas xoias do revival soul e un auténtico crack, agora chega a quenda dunha banda lendaria que por desgraza até agora nunca puido pisar os escenarios galegos. Volveron á estrada, e avisámosvos de que están moi en forma. As crónicas dos seus concertos de 2012 na súa volta aos escenarios son unánimes: paixón, experiencia e esa clase que non perderon co paso dos anos.

Así definía o prestixioso crítico musical Ignacio Julià (Ruta 66) o seu álbum de debut The Days Of Wine And Roses: “Nestes tempos de desconcerto e pop de andar por casa, un álbum como este é un agasallo dos deuses. Esquece a vertixe, aguanta a respiración e lánzate ao baleiro. Agradecerásnolo eternamente”. En 2014 celebran o 30th aniversario do seu 2º disco, outra xoia como ‘Medicine Show’. Ademais de cancións deste disco, a banda tocará varios temas dos seus outros (grandes) discos.

Calidade contrastada e un repertorio brutal que teremos o pracer de degustar en Santiago. Fans de Jayhawks, Wilco, Neil Young, etc… en resumo, fans do rock de calidade, non faltedes! non vos ides a arrepentir. Como grupo convidado estarán os madrileños LAREDO, que se encargarán de quentar o ambiente

ticketea1