Despunte 2013 - Desfile de Moda en Santiago de Compostela.
A ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO ESTÁ a preparar o desfile de presentación da 4ª promoción dos Estudios Superiores de Deseño de Moda, que terá lugar o día 30 de novembro no Museo do Gaiás (Cidade da Cultura)
Baixo o nome de "Despunte", o evento acollerá os Proxectos Finais de Carreira dun total de 8 alumnos e alumnas, quenes terán a oportunidade de facer gala da súa creatividade. Nesta ocasión poderemos gozar dos deseños de Eva Bouzas, Irene Varela, Luisa Garrido, Olaia Yáñez, Óscar González, Paula Pájaro, Sandra Fuente e Vanessa Piñeiro.
Como aperitivo previo, o alumnado de último curso inaugurará o acto co desfile Miscelánea, unha escolma dos traballos realizados na EASD Mestre Mateo.
A Mestre Mateo, esencial na formación de artesáns e deseñadores
A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela, é un centro público dependente da Xunta de Galicia.
Esta Escola contribuíu á profesionalización das actividades artísticas en Galicia, abrindo a toda a sociedade a posibilidade da aprendizaxe de oficios e técnicas de gran importancia económica e cultural.
O obxectivo actual da Escola é trasladar a cultura das ensinanzas artísticas e do deseño ao conxunto da sociedade, desde as bases dun ensino público e de calidade, formando profesionais capaces de liderar este proceso. Na EASD Mestre Mateo impártense Ciclos Superiores de Artes aplicadas á Escultura, Fotografía artística, Xoiaría artística e Arquitectura Efémera, así como dúas titulacións superiores de deseño: Deseño de Moda e Deseño de Produto.
Web: www.easd.es