CortaPega 2019 de Santiago de Compostela.
O festival é a aposta de Desconcierto Cultural pola música electrónica dende o ano 2015.
Primeiro avance de cartel da sexta edición de CortaPega, que chega a Santiago de Compostela o próximo 30 de novembro. Unha nova cita coa electrónica máis ecléctica e vangardista, na que seguimos apostando polos formatos live e artistas emerxentes, con especial atención ós proxectos creados en Galicia.
Co obxectivo de ofrecer un cartel composto por propostas variadas que debuxen unha idea global da música electrónica, contamos con artistas cargados de multitude de influencias e inquietudes que plasman na súa obra a visión propia de quen se acerca a un estilo e precisa expresarse a través dos elementos tradicionalmente asociados a este máis alá de etiquetas.
Como novidade, o festival desenvolveráse en distintos espazos que iremos presentando nas próximas semanas.
Andrea Dawson feat. Mumbai Moon
Tras romper coa súa anterior banda, Andrea Dawson encontrou o camiño co que manifestar as súas inquedanzas como artista. Froito desta nova personalidade xorde o EP “Payback” (autoeditado). Acompañada na produción e nos directos por Mumbai Moon, Andrea móvese entre a electrónica experimental, as tendencias actuais da música urbana o pop e o jazz.
Aparato
Xurdidos nas sesións Sunday Drama en Unitaria, Aparato teñen clase dabondo para que te sintas dentro tanto da mítica Studio 54 como dos antros máis escuros de Bristol. Música visceral e soul electrónico coa poderosa voz de María Caramés, que tamén se apaña co theremin para as pistas máis atmosféricas. Este Aparato está programado para bailar ata na estratosfera.
Kara Konchar
Kara Konchar é o novo proxecto musical de Miguel Béco. A súa música é física e, ao mesmo tempo, atmosférica e recolle influenzas enraizadas coa escea rave, que van dos ritmos do UK Bass ata a dureza do EBM.
Dungeon Rave, o seu primeiro traballo, é a segunda entrega do catálogo de Capital Decay, novo selo con base en Lisboa e centrado en sonidos post-industriais e na electrónica dura, e ven de editarse o pasado mes de abril, coma unha homenaxe aos bastardos da mitoloxía, aos herexes contemporáneos e a todos aqueles fascinados pola morte e a libertinaxe.
Lagoon
Intensa e sen prexuízos, así se pode definir a música dos galegos Lagoon, que forman parte do colectivo Several Roots, que inclúe bandas como Axteroiz ou Promising/Youngster. Polo momento só publicaron o EP Cattle, un exercicio de electrónica de contrastes que conta con remesturas a cargo de Joan Gamboa e Synth Alien e que lles levou a festivais como o Observatorio.
Xa están á venda as entradas xerais coas que acceder a todos os espazos do festival e proximamente habilitaranse entradas específicas. O prezo é de 15€ e xa se poden adquirir premendo no seguinte enlace e en A Reixa Tenda. O prezo en billeteira da entrada xeral será de 18€.