Conversando con MATARILE TEATRO en Santiago de Compostela.
Penúltima actividade do Club C!, organizada como parte da programación de artes escénicas do Concello de Santiago: un encontro con Ana Vallés e Baltasar Patiño, cofundadores de MATARILE TEATRO, este venres 18 para conversar sobre o percorrido artístico da compañía e a obra "Los limones, la nieve y todo lo demás", que representarán o sábado 19 no Auditorio de Galicia.
#CONVERSANDO. "FALAR CON MATARILE MIRANDO A UN XARDÍN"
Venres 18 de outubro, de 17:30 a 19:30 horas
Na cafetería Lasso do Auditorio de Galicia
Entrada de balde até completar as 30 prazas de aforo
Como actividade previa ao espectáculo "Los limones, la nieve y todo lo demás", que MATARILE TEATRO representa o sábado 19 de outubro no Auditorio de Galicia, neste #Conversando teremos a oportunidade de dialogar coa autora, directora de escena e actriz Ana Vallés e co iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño arredor da traxectoria de máis de tres décadas da compañía teatral, fundada en 1986. O encontro, que se realizará na cafetería Lasso do Auditorio, con vistas ao xardín, será tamén unha oportunidade para coñecer as estratexias dramáticas e escénicas a través de apoio audiovisual presentes na función.