A Familia do Vurdalak de A. Tolstoi
Concierto de la Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Xoves 9 de novembro de 2017: 10:00 e 12:00 horas. Auditorio de Galicia.
Venres 10 de novembro de 2017: 10:00 e 12:00 horas. Auditorio de Galicia.
Domingo 12 de novembro de 2017: 12:00 horas. Teatro Principal.
Samaín segue sendo o mes do escuro, do medo, do sangue e do susto. Casiano Mouriño Maquieira ao fronte dá Banda Municipal e Paula Carballeira como narradora serán os encargados de contarnos unha historia arrepiante que nos trasladará a Serbia, na que un viaxeiro francés pide aloxamento na casa dunha familia que agardan a volta do avó, temendo que se convertise nun “vurdalak” ou morto vivinte que precisa beber da sangue dos seus. O ambiente de misterio e intriga, a emoción e a habilidade estilística fan deste relato un recoñecido precedente do que despois se convertería nunha prolífica literatura sobre a cara oculta da realidade.
que
A familia do vurdalak (Sem'ya Vurdalaka) (1839)
Conto de vampiros escrito en 1839 por Alexei Tolstoi, antes da publicación do famoso Drácula de Bram Stoker, parte da estrutura dunha lenda popular para crear unha historia de terror coas características propias do xénero.